#CINEUROPA30

89 min. / Drama / España, Rumanía / Castelán
Sección oficial

Teatro Principal, MAR 15, 18:00

La madre

Sinopse:

Miguel é un rapaz de 14 anos perseguido polos Servizos Sociais. A súa nai, sen traballo e cunha vida persoal inestable, é incapaz de ocuparse del. Por iso obrígao a buscar refuxio en casa de Bogdan, un romanés ex amante dela que vive nunha localidade próxima. Todo se precipita cando a nai desaparece súbitamente.

Ficha artística:

Javier Mendo, Laia Marull, Ovidiu Crisan, Nieve de Medina, Alexandru Stanciu, Sergio Caballero, María Albiñana, Jorge Motos

Ficha técnica:

Guión: Alberto Morais, Ignacio Gutiérrez-Solana, Verónica García
Fotografía: Diego Dussuel
Música: Vincent Barrière
Produción: Olivo Films / Fundatia Teatru Contemporan / Alfama Films

Alberto Morais, autor das tan estimulantes Las olas e Los chicos del puerto, ofrece un exercicio de gran cinema da honestidade neste drama de inadaptación xuvenil que se consolida na firmeza coa que esquiva as estelas do drama tremendista ou do melodrama choradeiro. Hai nela ecos de cineastas como os Dardenne, pero lonxe de caer en mimetismos de fórmula, constrúe Morais o seu propio territorio no que falar do desamparo, da orfandade con nai viva. E moita atención ao seu novo protagonista, Javier Mendo, ao que convén seguir.

— José Luis Losa

La madre