#CINEUROPA30

78 min. / Drama / Arxentina / Castelán
Panorama internacional

Salón Teatro, MAR 22, 20:15 | Teatro Principal, VEN 25, 18:15

La larga noche de Francisco Sanctis

Sinopse:

Adaptación da novela homónima de Humberto Costantini, ambientada na cidade de Bos Aires en 1977. Durante a ditadura militar, Francisco Sanctis recibe información sobre dúas persoas condenadas a "desaparecer". Francisco, de mediana idade, sinxelo, familiar e sen filiacións políticas, é sorprendido pola urxencia da situación. Esa noite debe tomar unha decisión crucial: arriscar ou non a súa propia vida para salvar a outros.

Ficha artística:

Diego Velázquez, Laura Paredes, Valeria Lois, Marcelo Subiotto, Rafael Federman, Romina Pinto

Ficha técnica:

Fotografía: Federico Lastra.
Produción executiva: Luciana Piantanida.
Produción: Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA).

Premios:

  • Catro premios no Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI): mellor actor (Diego Velázquez), mellor película e os premios FEISAL e SIGNIS.

Gañadora absoluta do ultimo Bafici, única película latinoamericana seleccionada para Cannes, este filme de Andrea Testa e Francisco Márquez, cineastas que non coñeceron a ditadura militar dos 70, achéganse a aquela atmosfera a través dun cidadán de clase media, que mira de lonxe o que está a suceder ao seu arredor. E vemos como, aos poucos, el só se vai metendo en augas pantanosas. Como levado polo fatalismo, cada vez máis a escuridade e o medo de ser “chupado” se fan máis opresivos. E Testa e Márques ganduxan un ambiente que ten moito de posta en escena do teatro do desasosego. Algo así como se David Mamet se metera a contarnos como no réxime de Videla calquera podía chamar á túa porta de madrugada. E non era o leiteiro.

— José Luis Losa

La larga noche de Francisco Sanctis