#CINEUROPA30

97 min. / Drama / Canadá, Francia / Francés
Sección oficial

Teatro Principal, MAR 15, 21:45 | Salón Teatro, XOV 17, 21:45 | Teatro Principal, VEN 18, 22:15

Juste la fin du monde (Só a fin do mundo)

Sinopse:

Tras doce anos de ausencia, un escritor novo regresa ao seu pobo natal para anunciarlle á súa familia que pronto morrerá. Vive entón un reencontro coa súa contorna familiar, unha reunión en que as mostras de agarimo son discusións eternas e a manifestación de rancores que non queremos deixar saír. Adaptación dunha obra de teatro de Jean-Luc Lagarce.

Ficha artística:

Nathalie Baye, Vincent Cassel, Marion Cotillard, Léa Seydoux, Gaspard Ulliel, Antoine Desrochers, William Boyce Blanchette, Sasha Samar, Arthur Couillard, Emile Rondeau

Ficha técnica:

Guión: Xavier Dolan
Fotografía: André Turpin
Música: Gabriel Yared
Produción: Sylvain Corbeil, Xavier Dolan

Premios:

  • Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes 2016

Retorna a Cineuropa un dos cineastas-top do festival desde que xurdiu como enfant terrible de Quebec adoptado por Cannes. Xavier Dolan gañou, de feito, e Gran Premio do Xurado na Croisette con esta adaptación do texto teatral de Jean-Luc Lagarce onde un home que sabe próxima a súa morte se cita coa súa familia, nun deses psicodramas extremos co se busca exorcizar demos, e abre caixa dos tronos. E Dolan non fai nada por alixeiralo. Compón opresivos primeiros planos do seu elenco de campaíñas: Gaspard Ulliel (Saint Laurent), as súas irmás (Marion Cotillard e Lèa Seydoux), e a mamma, Nathalie Baye. Encerrados sen un só xoguete, practican o desaforamento, a incomunicación entre berros e besbexos. Dolan xoga forte, leva os personaxes case á asfixia cunha planificación de claroscuros sen tregua. E practica a súa leonina función catártica de luxo.

— José Luis Losa

Juste la fin du monde (Só a fin do mundo)