#CINEUROPA30

90 min. / Documental / Austria / Alemán
Sección oficial

Teatro Principal, XOV 10, 18:15 | Teatro Principal, SAB 12, 00:15 | Salón Teatro, MAR 15, 18:30

Helmut Berger, actor

Sinopse:

Un retrato íntimo do lendario actor e ex-amante de Luchino Visconti, Helmut Berger. Despois de décadas de éxito, Berger retirouse ao seu Salzburgo natal onde vive illado e con poucos recursos.

Ficha artística:

Helmut Berger, Andreas Horvath

Ficha técnica:

Fotografía: Andreas Horvath.
Música: Andreas Horvath.
Montaxe: Andreas Horvath.

Enganchen os cintos. Agardan emocións de alta voltaxe. E se vostede é demasiado relambido, mellor quede co recordo daquel príncipe da jet-set e do efebismo caprichoso, o play-boy de Eivisa, o amante de Visconti. Porque onde nos leva Andreas Horvath é á deconstrución de Helmut Berger. Como nun contraplano de Ludwig, o rei está espido. Literalmente. Quizais demasiado literal, non se ofendan. E o que parecía un docu máis ou menos ortodoxo devén descenso polas escaleiras dos estados mentais alterados da outrora divina criatura, agora despoxo que non dubida en largar todo tipo de maldades, en mostrarnos as súas baixezas, a súa demolición. Sen tabús, nun estado de pura e moi dura provocación. Escandalizou en Venecia. E onde non?

— José Luis Losa

Helmut Berger, actor