#CINEUROPA30

113 min. / Drama / Alemaña, Francia / Alemán, Francés
Sección oficial

Teatro Principal, MER 9, 20:00 | Teatro Principal, SAB 12, 18:00

Frantz

Sinopse:

O argumento de Frantz sitúase nunha pequena cidade alemá pouco tempo despois da I Guerra Mundial. Anna vai todos os días visitar a tumba do seu prometido Frantz, asasinado en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nunha contorna marcada pola derrota alemá.

Ficha artística:

Pierre Niney, Paula Beer, Ernst Stötzner, Marie Gruber, Johann von Bülow, Anton von Lucke, Cyrielle Clair, Alice de Lencquesaing, Axel Wandtke, Rainer Egger

Ficha técnica:

Guión: François Ozon, Philippe Piazzo
Fotografía: Pascal Marti
Música: Philippe Rombi
Produción: Eric Altmayer, Nicolas Altmayer

Premios:

  • Premio Marcello Mastroianni á mellor actriz novel (Paula Beer) no Festival de Venecia 2016

François Ozon retoma un dos filmes menos coñecidos de Lubitsch, Remordimiento. Un drama sobre o que planea sempre a dúbida da identidade e da suplantación, un tira e afrouxa no que Ozon é o amo. E vai movendo a acción, un paso sempre por diante de ti, sen que saibas se o terreo que pisas está máis preto de Hitchcock ou dun melodrama de amores necrománticos.

— José Luis Losa

Frantz