#CINEUROPA30

125 min. / Drama, Thriller / Francia, Irán / Persa
Panorama internacional

Teatro Principal, MER 16, 21:30 | Teatro Principal, VEN 18, 20:00

Forushande (The salesman)

Sinopse:

Emad e Rana deben deixar o seu piso no centro de Teherán por mor das obras que se están a efectuar. Trasládanse a outra casa, pero un incidente relacionado co anterior inquilino transformará a vida da parella.

Ficha artística:

Shahab Hosseini, Taraneh Alidoosti, Babak Karimi, Mina Sadati, Mehdi Koushki, Farid Sajjadi Hosseini, Ehteram Boroumand, Maral Bani Adam, Shirin Aghakashi, Sahra Asadollahe

Ficha técnica:

Guión: Asghar Farhadi.
Fotografía: Hossein Jafarian.
Música: Sattar Oraki.
Produción: ARTE France Cinéma.

Premios:

  • Premio ao mellor actor (Shahab Hosseini) e ao mellor guión no Festival de Cannes 2016

O iraniano Asghar Farhadi regresa ao seu país, tras a experiencia francesa de Le passé. E volve a un territorio non afastado do que forxou a súa fortuna artística en Nader e Simin: una separación. Un novo conflito de parella -esta vez, os abusos sexuais do caseiro cara á esposa- serve a Farhadi para poñer en cuestión os cimentos morais dunha sociedade abertamente desigual, presidida por un machismo cerrado que se estende desde a alcoba ata os tribunais. Como elemento metacinematográfico, Farhadi introduce elementos de Muerte de un viajante, de Miller, obra que o protagonista representa e con cuxo personaxe comparte soños frustrados. Farhadi triunfou de novo en Cannes, esta vez con dous premios: ao seu guión e á interpretación masculina.

— José Luis Losa

Forushande (The salesman)