#CINEUROPA30

134 min. / Drama / Francia, Italia / Italiano
Sección oficial

Teatro Principal, SAB 26, 22:15 | Salón Teatro, DOM 27, 20:00

Fai bei sogni (Doces soños)

Sinopse:

Massimo é un neno de nove anos que goza da vida coa súa nai, psicoloxicamente inestable, ata que ela falece en estrañas circunstancias. O pai non logra crear un vínculo con el e o rapaz comeza a rebelarse ante a súa condición de orfo. Anos despois, Massimo regresa ao seu antigo fogar para revisar os obxectos da nai.

Ficha artística:

Bérénice Bejo, Emmanuelle Devos, Guido Caprino, Valerio Mastandrea, Fabrizio Gifuni, Barbara Ronchi, Linda Messerklinger, Drazen Pavlovic, Ferdinando Vetere, Lorenzo Monti

Ficha técnica:

Guión: Valia Santella, Edoardo Albinati, Marco Bellocchio
Fotografía: Daniele Ciprì
Música: Carlo Crivelli
Produción: Beppe Caschetto, Simone Gattoni

A inauguración da Quincena de Realizadores de Cannes puxo de novo de manifesto que Marco Bellocchio –de quen tamén poderemos ver neste Cineuropa a súa obra mestra inmediatamente anterior, Sangue del mio sangue– é, talvez, o autor máis libre e abafantemente inspirado do cine presente. A orfandade preside este filme lírico e arrebatado, onde a ausencia da nai tira dun fío emocional onde caben Rafaella Carrá, un gol do Torino ou a guerra dos Balcáns. Cine que fala de pantasmas, de ausencias, de amor truncado, cine estrañamente melódico e elexíaco, que pon o nó emotivo na garganta. E co selo libérrimo do imprescindible Bellocchio.

— José Luis Losa

Fai bei sogni (Doces soños)