#CINEUROPA30

118 min. / Comedia / Arxentina / Castelán
Panorama internacional

Teatro Principal, MAR 8, 20:30 | Salón Teatro, XOV 10, 22:15

El ciudadano ilustre

Sinopse:

Un escritor arxentino, Premio Nobel de Literatura, emigrou hai 40 anos cara a Europa onde triunfou escribindo sobre a súa cidade natal e os seus habitantes. No pico da súa carreira, o intendente da vila onde naceu convídao para nomealo cidadán Ilustre. A súa chegada desencadea unha serie de conflitos entre a súa figura e a vila.

Ficha artística:

Oscar Martínez, Dady Brieva, Andrea Frigerio, Belén Chavanne, Nora Navas, Iván Steinhardt, Manuel Vicente, Marcelo D'Andrea, Gustavo Garzón, Emma Rivera

Ficha técnica:

Guión: Andrés Duprat
Fotografía: Mariano Cohn
Música: Toni M. Mir
Produción: Aleph Media / Televisión Abierta / A Contracorriente Films / Magma Cine

Premios:

  • Premio ao mellor actor (Óscar Martínez) no Festival de Venecia 2016

O pesadelo dun Premio Nobel que pasa da fobia social dun J. D Salinger a aceptar volver, ao pouco de recibir o premio, á súa localidade natal, na Arxentina profunda, onde non viaxaba había décadas. Gaston Duprat e Mariano Cohn (El hombre de al lado) saben ganduxar unha farsa de humor negro, unha especie de pesadelo para un rico. O shock do escritor misántropo confrontado a unha avalancha. E que ben funciona o personaxe que borda Óscar Martínez, metido nesta especie de día da marmota arxentino, cun guión preciso, que vai engordando a sarcástica bóla de neve. Levou a Copa Volpi para Óscar Martínez en Venecia e a Espiga de Prata para os seus directores hai 7 días na Seminci.

— José Luis Losa

El ciudadano ilustre