#CINEUROPA30

92 min. / Documental / Uruguai / Castelán
Cine e Tupamaros: da loita armada á presidencia

Cinema NUMAX, LUN 14, 18:00 | Cinema NUMAX, MER 16, 17:45

El círculo

Sinopse:

Henry Engler, estudante de medicina e membro do Movemento de Liberación Nacional - Tupamaros, foi detido en 1973 e obrigado a vivir en total illamento durante máis dunha década. O documental inicia coa viaxe que emprende Engler a Uruguai para contarnos a súa vida de reclusión forzosa; non mostra o horror, senón os lugares nos que este se padeceu; e aínda que hai testemuños doutros reféns da ditadura, afóndase máis na experiencia do protagonista e a tolemia que viviu como refén.

Ficha artística:

Henry Engler

Ficha técnica:

Guión: José Pedro Charlo, Aldo Garay
Fotografía: Diego Varela
Música: Daniel Yafalián
Produción: Morocha Films

El círculo