#CINEUROPA30

75 min. / Drama, Documental / Australia, Bolivia, Estados Unidos, Colombia / Castelán, Inglés
Docs Cineuropa

Cinema NUMAX, MAR 15, 20:00 | Cinema NUMAX, DOM 20, 16:45 | Teatro Principal, XOV 24, 18:30

El caso boliviano

Sinopse:

Este documental segue o caso de tres mozas norueguesas que foron detidas en 2008, no aeroporto de Cochabamba, con 22 kg. de cocaína na súa equipaxe. A película rexistra a ampla cobertura mediática do caso por parte dos medios bolivianos e noruegueses. Descríbense as detencións, os xuízos e a fuga de dúas delas. De estilo máis próximo ao traballo xornalístico que ao documental, é a primeira parte da denominada Triloxía da guerra contra as drogas. A pesar do interese dos festivais noruegueses polo filme, a directora está a denunciar presións que impiden a súa proxección.

Ficha artística:

Oskar Rittun Jensen

Ficha técnica:

Fotografía: Dan Fallshaw
Edición: Dan Fallshaw y Dominic Locher
Produción: Vann Alexandra Daly, Dan Fallshaw, Elisabeth Opdal, Aimara Reques, Redelia Shaw

El caso boliviano