#CINEUROPA30

93 min. / Drama, Thriller, Suspense / Estados Unidos / Inglés
Panorama internacional

Teatro Principal, LUN 14, 22:45 | Salón Teatro, MAR 15, 21:45 | Teatro Principal, MER 16, 23:30

Dog eat dog

Sinopse:

Tres ex convictos son contratados para levar a cabo un secuestro na cidade de Los Ángeles. Tras o intento errado de cumprir esta misión, o trío verase envolvido nunha fuxida para evitar volver ao cárcere custe o que custe.

Ficha artística:

Nicolas Cage, Willem Dafoe, Christopher Matthew Cook, Omar J. Dorsey, Paul Schrader, Louisa Krause, Melissa Bolona, Reynaldo Gallegos, Chelcie Melton, Bruce Reizen

Ficha técnica:

Guión: Paul Schrader, Matthew Wilder (novela: Edward Bunker)
Fotografía: Alexander Dynan
Produción: Pure Dopamine

Premios:

  • Seleccionada para a Sección oficial de longametraxes do Festival de Sitges

Un dos máis ruxidores leóns do defunto Novo Hollywood, Paul Schrader, cabalga de novo nunha película que se goza como un desbocado acto de resistencia, unha fuxida cara adiante na que conta coa complicidade de dous vellos compañeiros de andanzas, Nicolas Cage e Willem Dafoe, tan conscientes como o seu propio director de estar enrolados nunha empresa onde a palabra exceso é esencial. E onde eles son sanguentas e descolocadas emoticonas dunha era que xa pasou a mellor vida. Cinema de gangsters lisérxicos, de pistoleiros envoltos na furia violenta dunha sobredose. É como o penúltimo hurra do guionista de Taxi Driver ou Toro salvaje, xa de volta das súas películas de redención, para invitarnos a pasar con Cage, con Dafoe, con el mesmo, unha tempada no inferno, unha resurrección eufórica de volta das tebras do máis alá.

— José Luis Losa

Dog eat dog