#CINEUROPA30

38 min. / Drama, Documental, Biográfico, Bélico, Histórico / Ucraína / Ucraíno
Panorama audiovisual galego

Den Pobedy: Día da Vitoria

Sinopse:

O “Den Pobedy” (Día da Vitoria) é un dos días máis importantes na maioría das ex-repúblicas soviéticas. Ten lugar o 9 de maio e nel conmemórase a vitoria da URSS sobre a Alemaña nazi na Gran Guerra Patriótica (1941-1945), rendendo homenaxe aos veteranos e aos máis de 26 millóns de caídos no bando soviético.
Kalinichenko Vasily Porfirievich combateu no 3º fronte ucraíno e no 1º fronte bielorruso do Exército Roxo. Como membro do 226º Rexemento de Infantería, entrou en Berlín o 22 de abril de 1945. Este documental trata sobre a guerra, sobre el e a súa familia.

Ficha artística:

Vasily Porfirievich Kalinichenko

Ficha técnica:

Montaxe: Alberto Lobelle
Produción: Alberto Lobelle
Produción Asociada: Xurxo Chirro
Material de Arquivo: Anónimo, Xente de Mariupol
Edición de Son: Oskar Lopez
Deseño Gráfico: Raquel Castro

Den Pobedy: Día da Vitoria