#CINEUROPA30

130 min. / Terror / Xapón / Xaponés
Fantastique Compostela

Salón Teatro, LUN 21, 22:30 | Teatro Principal, MAR 22, 17:45 | Teatro Principal, VEN 25, maratón

Creepy

Sinopse:

Takakura é un detective que recibe unha petición de Nogami, un vello amigo, para que investigue o caso dunha familia que desapareceu hai seis anos. Takakura comezará a indagar nos recordos de Saki, a única sobrevivente do caso. Ao mesmo tempo, a súa muller Yasuko e el recibirán de maneira inesperada a visita de Mio, a filla do seu veciño Nishino, quen lles dirá que en realidade o home co que convive non é o seu pai senón un absoluto descoñecido.

Ficha artística:

Yûko Takeuchi, Teruyuki Kagawa, Masahiro Higashide, Haruna Kawaguchi, Hidetoshi Nishijima, Takashi Sasano, Ryôko Fujino

Ficha técnica:

Guión: Chihiro Ikeda, Kiyoshi Kurosawa (Novela: Yutaka Maekawa)
Fotografía:
Música: Yuri Habuka
Produción: Asmik Ace Entertainment / Shochiku Company

Premios:

  • Seleccionada para a Sección oficial de longametraxes no Festival de Sitges 2016
Creepy