#CINEUROPA30

114 min. / Documental, Musical / Reino Unido / Inglés
Docs-Music: A invasión británica dos 60

CGAC, DOM 27, 21:45

Cream: their fully authorised story

Sinopse:

Cream converteuse no primeiro súper grupo da historia e durante só dous anos foi a banda máis reputada do rock mundial. Fusionando blues, rock e psicodelia, liberouse dos estándares dos grupos de rock and roll. Este documental conta os días de gloria de Cream con imaxes inéditas de actuacións en vivo e entrevistas exclusivas, descubrindo como o éxito de Cream chegou a afectar a Eric Clapton; como o batería Ginger Baker creou o grupo, e o que ocorreu cando o vocalista e baixo Jack Bruce chegou á cima das listas de éxitos con cancións como I feel free, Sunshine of your love ou White room. Producido coa cooperación do trío, o filme cobre o máis destacado das súas carreiras desde o nacemento en 1966 ata a súa repentina ruptura en 1968, así como un histórico reencontro en 2005, cando Clapton e Baker deron varios concertos en Londres e Nova York.

Ficha artística:

Eric Clapton, Jack Bruce, Ginger Baker

Ficha técnica:

Produtor: John Brewer
Produción: Emperor Media / Impact Film
Montaxe: Jamie Campbell
Música: Cream

Cream: their fully authorised story