#CINEUROPA30

80 min. / Drama / Francia / Francés
Sección oficial

Compte tes blessures

Sinopse:

Vincent aínda non viviu nin un terzo da súa vida e xa tatuou a metade do seu corpo e enrouqueceu a súa voz co seu grupo de música post-hardcore. Desde a morte da súa nai, comparte a súa existencia entre un traballo de tatuador que non lle gusta e un pai pescantín que intenta refacer a súa vida cunha muller máis nova. Pero iso volve tolo a Vincent.

Ficha artística:

Kévin Azaïs, Monia Chokri, Nathan Willcocks, Julien Krug, Selim Aymard, Cedric Laban

Ficha técnica:

Guión: Morgan Simon
Fotografía: Julien Poupard
Música: Selim Aymard, Julien Krug
Produción: Kazak Productions

Ópera prima de Morgan Simon, revelación da sección Novos Realizadores hai un mes no Festival de San Sebastián. Un protagonista co seu corpo tuneado de tatuaxes e unha deriva cara unha sorprendente relación pasional a tres bandas, un orixinal ménage à trois amenizado, aviso a navegantes, con Julio Iglesias en estado puro como música ambiente.

— José Luis Losa

Compte tes blessures