#CINEUROPA30

60 min. / Drama, Musical, Animación / Italia / Inglés, Italiano
Marcello, vinte anos despois

Block-notes di un regista (Block de apuntamentos dun director)

Sinopse:

Fellini opina sobre a arte de facer películas e sobre os seus heterodoxos métodos. Neste filme os espectadores acompañan o director ao Colisseum de noite; dan un paseo polas catacumbas romanas e a Vía Apia; pasan por un matadoiro, e visitan a casa de Marcello Mastroianni. Fellini aparece tamén no seu despacho entrevistando unha serie de personaxes moi típicos do seu cinema.

Ficha artística:

Ennio Antonelli, Caterina Boratto, Marina Boratto, Pasqualino De Santis, Federico Fellini, Giulietta Masina, Marcello Mastroianni, Nino Rota, Alvaro Vitali

Ficha técnica:

Guión: Federico Fellini, Bernardino Zapponi
Fotografía: Pasqualino De Santis
Música: Nino Rota
Produción: National Broadcasting Company (NBC)

Block-notes di un regista (Block de apuntamentos dun director)