#CINEUROPA30

82 min. / Drama / Francia / Francés
Sección oficial

Salón Teatro, SAB 19, 18:00 | Cinema NUMAX, DOM 20, 20:15

Belle dormant

Sinopse:

No reino de Letonia, o príncipe Egon pasa as súas noites tocando a batería. De día só unha idea rolda a súa cabeza: internarse no reino de Kentz para atopar á Bela Dormente e romper o feitizo. Pero o seu pai, escéptico, oponse totalmente ao desexo do seu fillo. Será Maggie, unha arqueóloga da UNESCO, quen lle axudará na súa procura.

Ficha artística:

Niels Schneider, Agathe Bonitzer, Mathieu Amalric, Tatiana Verstraeten, Serge Bozon, Ingrid Caven, Nathalie Trafford, Andy Gillet, Vladimir Consigny, Olivier de Narnaud

Ficha técnica:

Guión: Adolfo Arrieta
Fotografía: Thomas Favel
Música: Benjamin Esdraffo, Ronan Martin
Produción: Eva Chillón

Adolfo Arrieta é un dos casos máis singulares de espírito libre dentro do cinema español desde o seu debut nos anos sesenta. De feito, é infinitamente máis recoñecido en Francia, onde desenvolveu boa parte da súa obra, que no noso propio país. O seu regreso á longa é unha estimulante e humorística revisión de A bela dormente, con divertidos anacronismos, elementos que van do kitsch ao pop e papeis de excelentísimos cómplices de Arrieta como Mathieu Amalric ou Ingrid Caven.

— José Luis Losa

Belle dormant