#CINEUROPA30

103 min. / Documental / México / Castelán
Latido Americano

Cinema NUMAX, SAB 12, 18:30 | Cinema NUMAX, DOM 20, 18:15

Ayotzinapa, crónica de un crimen de estado

Sinopse:

Este notable documental ten o seu foco nos crimes sucedidos na localidade mexicana de Iguala, onde desapareceron 43 alumnos da Escuela Normal Rural de Ayotzinapa presuntamente a mans de criminais que contaban coa complicidade das autoridades do lugar. O equipo de filmación trasladouse á localidade para recoller os testemuños dos sobreviventes e dos familiares das vítimas. Polas rúas fanse sentir as manifestacións con inmensos letreiros ("Os asasinos están en palacio") que dan conta de que o pobo sabe que non hai unha división entre a delincuencia organizada e o Estado. A traxedia de Iguala non é unha acción illada, senón un capítulo máis dunha política criminal sistemática, que vén cobrando moitos miles de persoas desaparecidas no país.

Ficha técnica:

Dirección: Xavier Robles
Guión: Xavier Robles
Fotografía: Bruno Santamaría
Produción: Guadalupe Ortega

Ayotzinapa, crónica de un crimen de estado