#CINEUROPA30

142 min. / Drama / Brasil, Francia / Portugués
Panorama internacional

Teatro Principal, XOV 10, 20:00 | Teatro Principal, SAB 12, 21:45 | Teatro Principal, DOM 13, 20:15

Aquarius

Sinopse:

Clara é unha melómana de 65 anos xubilada, viúva e nai de tres fillos xa adultos. Traballaba como crítica musical, pero agora pasa os seus días rodeada de libros e discos no seu apartamento no barrio de Boa Viagem, nun edificio chamado Aquarius. Pero Clara non é unha persoa normal e corrente, pois posúe o don de viaxar no tempo.

Ficha artística:

Sonia Braga, Maeve Jinkings, Irandhir Santos, Humberto Carrão, Zoraide Coleto, Fernando Teixeira, Buda Lira, Paula De Renor, Barbara Colen, Daniel Porpino

Ficha técnica:

Guión: Kleber Mendonça Filho
Fotografía: Pedro Sotero, Fabricio Tadeu
Produción: Dora Amorim, Saïd Ben Saïd

Premios:

  • Premio Especial do Xurado e premio á Mellor Actriz (Sonia Braga) no Festival Internacional de Cinema Latino de Biarritz 2016
  • Nomeada á Palma de Ouro no Festival de Cannes 2016

Despois dun debut exultante con O som ao redor, Klever Mendonça Filho sérvenos a resurrección fastosa de Sonia Braga no rol dunha muller que se resiste a abandonar a súa vivenda, un rescaldo do que foi o hábitat da clase media-alta de Recife, para ceder ás presións dos especuladores. Esta metáfora do personaxe feminino fronte a unha mafia difusa funciona como drama e, ao tempo, como eficaz lectura dunha democracia brasileira que sofre caruncho. Concursou en Cannes, ademais, na mesma semana do dubidoso impeachment contra Dilma Rousseff.

— José Luis Losa

Aquarius