#CINEUROPA30

237 min. / Documental, Musical / Estados Unidos, Reino Unido / Inglés
Docs-Music: A invasión británica dos 60

Teatro Principal, SAB 26, 00:30

Amazing journey, the story of The Who

Sinopse:

Empezaron de mods afiados, chiflados pola Motown, e acabaron sendo o grupo de rock máis potente, enérxico e ruidoso do planeta, onde os seus compoñentes máis que tocar ao unísono parece que chocaban entre si. A súa historia, a todo volume, cóntase ao fin como se merece: dos inicios como The Detours, a conversión ao mod (The High Numbers), o nacemento de The Who, a súa evolución cara ao pop art, a influencia da arte destrutivista, os éxitos, os trompazos, a furia dos seus lendarios directos, as óperas rock Tommy e Quadrophenia, as pelexas entre os membros do grupo, as mortes de dous dos seus compoñentes (o excesivo batería Keith Moon e o hierático baixista John Entwistle), ata –finalmente– o regreso con novas cancións, vinte anos despois de deixalo, que os leva na crista da onda ata o día de hoxe. Máis chulos que The Beatles e Rolling Stones xuntos, The Who foron o grupo definitivo, e Amazing Journey retrátaos de forma perfecta nun traballo minucioso, visualmente moi pop, ordenado en formato álbum (cada capítulo é unha canción) e cheo de enerxía enxordecedora.

Ficha artística:

Roger Daltrey, Pete Townshend, John Entwistle, Keith Moon, Richard Barnes, Jeffrey Baxter, John Bundrick, Dougal Butler, Bill Curbishley, The Edge

Ficha técnica:

Fotografía: Matteo Passigato
Produción: Brad Abramson, Tobin Armbrust

Amazing journey, the story of The Who