#CINEUROPA30

66 min. / Animación, Familiar / Francia, Suíza / Castelán (doblada)
Sección oficial

Teatro Principal, XOV 24, 11:00 | Teatro Principal, VEN 25, 11:00
PROXECCIÓN SÓ PARA COLEXIOS

Ma vie de Courgette (A miña vida como unha Cabaciña)

Sinopse:

Centrada nun neno de 10 anos alcumado Courgette (cabaciña) que é enviado a un orfanato trala morte da súa nai, a historia narra como superará as dificultades e se integrará neste novo ambiente cun pequeno grupo de nenos maltratados, como el, pola vida.

Ficha artística:

Gaspard Schlatter, Sixtine Murat, Paulin Jaccoud, Michel Vuillermoz, Raul Ribera, Estelle Hennard, Elliot Sanchez, Lou Wick, Brigitte Rosset, Natacha Koutchoumov

Ficha técnica:

Guión: Céline Sciamma
Fotografía: David Toutevoix
Música: Sophie Hunger
Produción: Marc Bonny, Armelle Glorenne

Premios:

  • Premio do Público no Festival de Annecy 2016

A película de animación da tempada non vai ser un Pixar nin un Disney. Con guion de Cèline Sciamma, presentada na Quincena de Realizadores de Cannes, Ma vie de courgette propón un achegamento a infancias malparadas -as desfeitas emocionais dos seus sete protagonistas son dignos de El caso- para, a partir de aí, propulsar unha historia de reparacións afectivas, de empatía de grupo, de reconstrucións propulsadas pola mirada en tenra stop-motion de Courgette. Imprescindible arte terapéutica.

— José Luis Losa

Ma vie de Courgette (A miña vida como unha Cabaciña)