#CINEUROPA30

Preguntas habituais sobre Cineuropa

Actualizaremos esta páxina coas preguntas que nos chegan habitualmente relativas ao funcionamento do festival de cinema Cineuropa de Compostela. Recomendámosche que te subscribas á nosa canle de Telegram para estar informado de todas as novidades ao momento e que nos sigas nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

Temos tamén unha conta de correo electrónico para preguntas do público: preguntas@cineuropa.gal.

Despacho de billetes e entradas a proxeccións

En entradas.abanca.com ou no 902 434 443 así como no despacho de billetes do Teatro Principal.

En entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal ata o día anterior á proxección. No despacho de billetes do Cinema NUMAX todos os días e ata 5 minutos antes do comezo da proxección.

Hai un despacho de billetes xeral para mercar filmes de calquera día cun horario de 15.30 a 22.00 h. E un despacho de billetes de venta inmediata que abre media hora antes de que comece cada filme e na que só se poden mercar entradas para o filme que comeza a continuación, tanto no Teatro Principal como no Salón Teatro.

De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a hora de inicio da última proxección.

4 euros e podes mercar un abono válido para 10 entradas a 30 euros. A entrada para o maratón é de 6 euros.

De pago son os filmes de Sección Oficial, Panorama Internacional, Fantastique Compostela, Docs Cineuropa, Latido Americano e Cine e Tupamaros: da loita armada á presidencia. Todos os filmes das demais seccións son con entrada libre ata completar aforo (a excepción das proxeccións dos Premios a Lola Dueñas e Carlos Saura que serán con invitación)

Unha vez mercada a entrada non pode procederse á súa devolución a non ser que ese pase se vise modificado por algún problema de organización. Nese caso si, procederíase á súa devolución.

O despacho de billetes xeral pecha a esa hora pero sempre mantemos aberto un despacho de billetes de venta inmediata antes do inicio de todos os filmes así que sempre poderás mercar unha entrada ata 5 minutos antes de que comece o filme no propio despacho de billetes.

Se é con antelación, si. Se é o mesmo día da proxección poderás mercala só no despacho de billetes do Cinema NUMAX.

Non é posible reservar entradas por teléfono, pero si mercalas. No 902 434 443 ou tamén a través de entradas.abanca.com. Son as únicas dúas fórmulas válidas para mercar entradas sen achegarse ao despacho de billetes.

Cada premio ten uns días específicos para retirarse, sempre con antelación. Non hai unhas datas fixas. Anunciaremos cada caso nas redes sociais. As de Lola Dueñas anunciáronse non seu día e xa están agotadas. En breve anunciaremos as de Carlos Saura e as de Chema Prado.

Tes que seleccionar Print@Home e imprimir o PDF que che creará o programa. Se seleccionaches a opción ‘Recoller en recinto’ entón tes que levar a referencia e o DNI ao despacho de billetes do Teatro Principal para que che impriman alí a entrada. Nós recomendamos tráela impresa da casa para evitar as colas.

Entradas para outras actividades

A entrada para a proxección de Metrópolis coa banda sonora en directo interpretada pola Real Filharmonía de Galicia ten un prezo de 12 euros (6€ para menores de 25 anos, maiores de 65, desempregados, xubilados, estudantes, familias monoparentais, numerosas e perceptores de rendas sociais). Pode mercarse con antelación en entradas.abanca.com, no 902 434 443, no despacho de billetes do Teatro Principal e o mesmo día tamén no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde as 18.00 h.

Ten un prezo de 20 € (10 € para estudantes e de balde para os membros da Academia Galega do Audiovisual) e hai que inscribirse en academiagalegadoaudiovisual.gal

Entradas con invitación

Na despacho de billetes xeral do Teatro Principal.

Cada persoa pode retirar un máximo de dúas invitacións por filme.

Abonos

O abono ten un prezo de 30 euros e con el podes retirar 10 entradas. Mércase na billeteira xeral do Teatro Principal.

Non, o abono tes que levalo ti fisicamente polo que só se pode mercar no despacho de billetes do Teatro Principal.

Unha vez mercado podes trocar cada unha das 10 pestanas que tes nel por unha entrada. Podes trocalas todas xuntas ou de unha en unha ao longo do festival, non hai límite. Calquera modificación no mesmo invalidarao así que pedímosvos que o coidedes. Non se aceptarán as pestanas soltas, senón que hai que levar o abono completo para que a persoa de billeteira retire a pestana..

Non é persoal, polo que pode usarse por máis de unha persoa.

Non, non fai falta. O abono hai que entregalo ao mercar a entrada no despacho de billetes para que se retiren as pestanas do mesmo, pero unha vez feito iso xa non hai que ensinalo na entrada á proxección.

Non é posible reservar entradas por teléfono. Para poder retirar entradas con abono é preciso presentarse no despacho de billetes co abono e proceder a retiralas. Para mercar entradas con antelación sen achegarse ao despacho de billetes, pode facer a través da web e teléfono de Abanca, pero non usando o abono.

Proxeccións

A entrada á sala ten que facerse de xeito puntual para non molestar ao resto de espectadores que están xa gozando do filme. En todo caso, e de ser posible, se chegas un pouco tarde intentaremos buscarche un sitio ao que poidamos acceder molestando o menos posible, e non sempre poderá ser a butaca que ti tiñas mercada.

Todos os filmes en Cineuropa se emiten en idioma orixinal e, cando non son en español ou en galego, tamén con subtítulos.

Todos agás os que teñen como lingua orixinal o español ou o galego. Excepcionalmente pode haber algún que non o estea pero indicarémolo sempre.

Nos filmes recomendados a adultos, se o neno ou nena vai acompañada dun adulto el é o responsable de que ese neno ou nena entre na sala. Nós non poñemos restrición e o adulto é o responsable de considerar se ese filme debe velo o menor ou non.

As sesión que pasan das 00.00 h na web de Abanca aparecen indicadas co día seguinte xa que a partir das 00.01 h tecnicamente comeza xa un novo día. Se ti mercaches unha entrada para as 00.30 do día 10, a entrada é para a noite que vai do 9 ao 10.

Maratón

Non. O abono só se pode usar para as proxeccións individuais de filmes.

Pódese entrar e saír entre película e película sen problema, así que podes elixir que películas ver e en cales descansar.

A duración dos filmes podes atopala nas súas respectivas fichas. Entre película e película hai uns 5 minutos de descanso e sobre as 7 da mañá faise un descanso máis longo, duns 20 minutos.

O despacho de billetes non está aberto durante o maratón así que non e, de todas formas, ata agora sempre se esgotaron as entradas para o maratón antes do día do mesmo así que a nosa recomendación é que as merques canto antes.

Excepcionalmente, no maratón, polas súas características, permitimos levar comida (sen cubertos) e bebida (só en envases de plástico e nunca bebidas alcohólicas).