Cristina Veiras Barreiro

Estudou Historia da Arte na USC e realizou un posgrao de Arte Contemporánea en Barcelona. Entre as dúas beiras da península, colaborou en distintos festivais e museos ao tempo que remata un TFM.

David Iglesias Rodríguez

Estudante de Filosofía na USC, colaborou no proxecto da Revista Lazarus, “Filosofía e arte”, dedicándose ao cinema de Alexander Sokurov. Considérase contrario ao descurso que sinala á sétima arte como unha vía esgotada.

Ester García Mera

Entusiasta do cine dende que ten razón de si e que disfruta de cada nova experiencia. Considera que a mellor escola de cine son as propias salas, e os/as cineastas, os/as mellores profesores/as.

Laura Ramos Cuba

Xornalista, estudante de Comunicación Audiovisual, colaboradora de A Cuarta Parede e dúas veces xurado da mocidade do Donostia Zinemaldia. Porén, ante todo considérase muller, galega e está farta.

Mario Fernández Vilariño

Estudante de Economía na USC. Gústanlle moito o cine e a música. Fanático das colas no Teatro Principal cada novembro e quentador de asento nos maratóns.

Pablo Víctor Estévez Arias

Naceu en Arxentina e estuda Filoloxía galega. Cinéfilo dende pequeno, de cando gastaba a paga no videoclube Estévez. Segundo Pablo, alugar os filmes por hora no caixeiro era ben barato.

Valeria Vázquez Domínguez

Estudante de Ciencias Políticas na USC, interésalle a capacidade do cine como ferramenta para xerar o imaxinario colectivo.