#CINEUROPA30

#Cineuropa25. Do 9 de novembro ao 2 de decembro de 2011.

Cineuropa chegou á súa 25ª edición en 2011. 141 foron os filmes proxectados entre o 9 de novembro e o 2 de decembro de 2011. Nas pantallas do Principal, do Salón Teatro, do CGAC e da Sede Novagalicia, fluíron as historias dos mellores cineastas: Bela Tarr, Shion Sono, Bruno Dumont, Bertrand Bonello, Aki Kaurismaki, Aleksandr Sokurov, Valérie Donzelli, os irmáns Dardenne, Isaki Lacuesta, Jerzy Skolimovsky ou Hirokazu Kore-Eda, entre outros. E é que, como anunciaba José Luis Losa, director do festival, «en tempos difíciles coma estes, non parece a quietude a mellor solución. Por iso as imaxes en torno ás cales xira a viaxe desta XXV edición de Cineuropa levan a sinatura de aventureiros ou visionarios do cambio».

Tamén foi un aniversario moi especial en canto aos premiados: na gala de inauguración recibiu o galardón Aitana Sánchez-Gijón, nunha cerimonia presentada pola actriz galega María Vázquez. A continuación, proxectaríase Oviedo Express, unha das mellores comedias españolas da última década, dirixida por Gonzalo Suárez e protagonizada por Sánchez-Gijón. O segundo premiado da edición foi Jorge Drexler, gañador dun Oscar e un Goya pola súa música para o cine. O cantautor presentou no concerto que ofreceu tras a gala, o seu novo espectáculo audiovisual Mundo Abisa, que complementou con outras cancións compostas para o cinema para festexar a entrega do premio.

Por fin, máis de quince horas de cine pecharon o festival cun maratón de título Terapias de shock. Os reis do freak cinema. As nove películas proxectadas foron: Carabás, curta de Francisco Calvelo; Guilty of romance, de Shion Sono; Ai no mukidashi (Love exposure) de Shion Sono; Susan in red, curta de Franck Giordanengo; Hors Satan, de Bruno Dumont; The wicker man, de Robin Hardy (película sorpresa); Cold fish, de Shion Sono; Attack the block, de Joe Cornish; e L’humanité (A humanidade), de Bruno dumont.

Premios Cineuropa 2011

Aitana Sánchez Gijón

Aitana Sánchez Gijón

Aitana Sánchez-Gijón de Angelis naceu en Roma o 5 de novembro de 1969. Desde nena tivo moi claro que quería ser actriz e, aínda que empezou Filoloxía, deixouno o segundo ano para concentrarse na súa carreira e estudar Arte Dramática. Converteuse nun rostro popular grazas ao seu traballo en Bajarse al moro, de Fernando Colomo. Entre unha filmografía de máis de 40 títulos, El pájaro de la felicidad, de Pilar Miró; La camarera del Titanic e Volaverunt, de Bigas Luna; ou Celos, de Vicente Aranda, son só algúns exemplos. O seu compromiso co cinema levouna a desempeñar o cargo de presidenta da Academia do Cinema entre os anos 1999 e 2000. Na actualidade compaxina o cinema coa televisión e o teatro.

Jorge Drexler

Jorge Drexler

O cantautor uruguaio Jorge Drexler naceu en Montevideo o 21 de septiembre de 1964. Graduouse en medicina e exerceu de médico ata comezar a súa carreira musical con La luz que sabe robar. A partir de entón gravou 14 álbums e traballou con músicos como Caetano Veloso, Joaquín Sabina, Kiko Veneno, Kevin Johansen ou René 'Residente' Pérez (Calle 13). Co seu tema Al otro lado del río, composto para o filme Diarios de motocicleta, de Walter Salles, gañou un Oscar en 2004. En febreiro de 2011, a Academia do Cine entregaríalle o Premio Goya á mellor canción orixinal por Que el soneto nos tome por sorpresa, composta e interpretada por Drexler, que forma parte da banda sonora orixinal de Lope, de Andrucha Waddington.



As películas de Cineuropa 2011

Imaxe pte.

24 (2010)
— Seném Outeiro

Imaxe pte.

36/75 (2009)
— Xurxo Chirro

A PEDRA DO LOBO (2010)
— Alberte Pagán

Imaxe pte.

A SEMENTE (2006)
— María Reimóndez

A TORINÓI LÓ (THE TURIN HORSE) (O CABALO DE TORINO) (2011)
— Béla Tarr, Ágnes Hranitzky

ADOLESCENTES (2011)
— Ángel Santos

AI NO MUKIDASHI (LOVE EXPOSURE) (2008)
— Sion Sono

ANACOS (2012)
— Xacio Baño

Imaxe pte.

ARDE MADRID (2011)
— Antón Caeiro

AS DAMAS NEGRAS (2010)
— Sonia Méndez

ASTRO BOY (2009)
— David Bowers

ATTACK THE BLOCK (2011)
— Joe Cornish

BALAGAN (1994)
— Andres Veiel

BOSQUE (2011)
— Borja Mucientes

BRASILINO (2011)
— Xurxo Chirro

BUNGALOW (2002)
— Ulrich Köhler

CACHÉ (2005)
— Michael Haneke

CARABÁS (2011)
— Francisco Calvelo Moreira

CASCALLOS (2002)
— Tomás Lijó, Carlos Meixide

Imaxe pte.

CIENFUEGOS, 1913 (2008)
— Margarita Ledo, Belkis Vega

COLD FISH (2010)
— Sion Sono

COMO FOI O CONTO (2004)
— Alberte Pagán

Imaxe pte.

CONTRA A MORTE (2012)
— Alexandre Cancelo, Iago Martínez

CONVERSACIÓN CUNHA MULLER MORTA (2012)
— Sonia Méndez

COUSAS DO KULECHOV (2006)
— Susana Rey Crespo

DAS LEBEN DER ANDEREN (A VIDA DOS OUTROS). (2006)
— Florian Henckel von Donnersmarck

DE TU VENTANA A LA MÍA (2011)
— Paula Ortiz

DER KICK (O GOLPE) (2006)
— Andres Veiel

DESPICABLE ME (GRU: O MEU VILÁN FAVORITO) (2010)
— Pierre Coffin, Chris Renaud

DIE ÜBERLEBENDEN (OS SOBREVIVENTES) (1996)
— Andres Veiel

DOLI DOLI DOLI... COAS CONSERVEIRAS. REXISTRO DE TRABALLO (2010)
— Uqui Permuy

ECLIPSE (2010)
— Alberte Pagán

Imaxe pte.

ECOS DEL BOSQUE (2011)
— Lois Patiño

EL ESTUDIANTE (2011)
— Santiago Mitre

Imaxe pte.

EL FABRICANTE DE CEPILLOS (2011)
— Alberto Yaccelini

ELVIS 68: COMEBACK SPECIAL (1968)
— Steve Binder

ELVIS ON TOUR (1972)
— Robert Abel, Pierre Adidge

ELVIS: ALOHA FROM HAWAI (1973)
— Marty Pasetta

ELVIS: THAT'S THE WAY IT IS (1970)
— Denis Sanders

Imaxe pte.

EMILIO (2011)
— Xurxo Chirro

Imaxe pte.

ESLIVA (2011)
— Lois Patiño

ESSENTIAL KILLING (2010)
— Jerzy Skolimowski

ESTA NOITE, VELADA (2008)
— Antón Caeiro

ESTEREOSCOPÍA (2011)
— Xacio Baño

ET MAINTENANT ON VA OÙ? (2011)
— Nadine Labaki

FAUST (FAUSTO) (2011)
— Aleksandr Sokurov

FAUSTINO 1936 (2010)
— Alberte Pagán

FERIEN (VACACIÓNS) (2007)
— Thomas Arslan

GATO ENCERRADO (2011)
— Peque Varela

GESPENTER (FANTASMAS) (2005)
— Christian Petzold

GUILTY OF ROMANCE (2011)
— Sion Sono

HORS SATAN (2011)
— Bruno Dumont

IBIZA OCCIDENTE (2011)
— Günter Schwaiger

IF NOT US, WHO (2011)
— Andres Veiel

Imaxe pte.

ILLA PEDRA (2010)
— Adriana Páramo Pérez

Imaxe pte.

INASIBLE 2 (2011)
— Marcos Nine

JANE EYRE (2011)
— Cary Fukunaga

JERICHOW (2008)
— Christian Petzold

KILLER ELITE (ASASINOS DE ELITE) (2011)
— Gary McKendry

KISEKI (I WISH) (MILAGRE) (2011)
— Hirokazu Koreeda

KLASSENFAHRT (VIAXE DE ESTUDOS) (2002)
— Henner Winckler

L'APOLLONIDE (SOUVENIRS DE LA MAISON CLOSE) (2011)
— Bertrand Bonello

L'HUMANITÈ (1999)
— Bruno Dumont

LA BELLE NOISEUSE (A FERMOSA MENTIREIRA). (1991)
— Jacques Rivette

LA GUERRE EST DÈCLARÈE (2011)
— Valérie Donzelli

LA MUJER DEL ETERNAUTA (2011)
— Adán Aliaga

LA REINE DES POMMES (2009)
— Valérie Donzelli

LA VIDA ÚTIL (2010)
— Federico Veiroj

LAS AVENTURAS DE DON QUIJOTE (2010)
— Antonio Zurera

LAS RAZONES DEL CORAZÓN (2011)
— Arturo Ripstein

LATE BLOOMERS (2011)
— Julie Gavras

LE GAMÍN AU VÉLO (O NENO DA BICICLETA) (2011)
— Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne

LE HAVRE (O HAVRE) (2011)
— Aki Kaurismäki

LE PÈRE DES MES ENFANTS (2009)
— Mia Hansen-Løve

LEO Y MARIO (SE DEJAN) (2010)
— Sonia Méndez

Imaxe pte.

LINGUAS CRUZADAS (2007)
— Monica Ares, María Yáñez

LOS PASOS DOBLES (2011)
— Isaki Lacuesta

Imaxe pte.

LOSADA (2011)
— Marcos Nine

MARIUS ET JEANNETTE. (1997)
— Robert Guédiguian

MEDIANERAS (2011)
— Gustavo Taretto

MEEK’S CUTOFF (2010)
— Kelly Reichardt

MERCADO DE FUTUROS (2011)
— Mercedes Álvarez

Imaxe pte.

MICROFUGAS (2008)
— Alberto Gracia

MISS BALA (2011)
— Gerardo Naranjo

MULLERES NA RAIA (2009)
— Diana Gonçalves

MÚSICA CAMPESINA (2011)
— Alberto Fuguet

MY NAME IS JOE (1998)
— Ken Loach

Imaxe pte.

NA VIBRACIÓN DA TERRA (2011)
— Lois Patiño

NACHMITTAG (TARDE) (2007)
— Angela Schanelec

NAKED (INDEFENSO) (1993)
— Mike Leigh

NOVIAS – MADRINAS – 15 AÑOS (2011)
— Diego Levy, Pablo Levy

NOVYY VAVILON (A NOVA BABILONIA) (1929)
— Grigori Kozintsev, Leonid Trauberg

Imaxe pte.

O ESPÍRITU DAS TRINCADEIRAS (2011)
— Seném Outeiro

Imaxe pte.

O MEU NOME O MEU MUNDO (2001)
— Tomás Lijó, Carlos Meixide

Imaxe pte.

O MITO DE VENUS (2005)
— Cristina Castro, Carmen Costa, Nuria López, Jacobo Rey, Silvia Roca

Imaxe pte.

OPHIUSA (2011)
— Seném Outeiro

Imaxe pte.

OS FABULOSOS IRMÁNS DA LUZ (2007)
— Olaia Sendón

OS WASLALA (2005)
— Alberte Pagán

OUTRO MÁIS (2011)
— Ricardo Llovo

OVIEDO EXPRESS (2007)
— Gonzalo Suárez

Imaxe pte.

PAISAJE – DISTANCIA: CAMPO DE FÚTBOL (2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAJE – DISTANCIA: CARRERA EN LAS DUNAS (2011)
— Lois Patiño

PERVERSA LOLA (2008)
— Sonia Méndez

PIEDAD (2012)
— Otto Roca

PINGPONG (2006)
— Matthias Luthardt

Imaxe pte.

QUENTEFRIO (2009)
— Xacio Baño

Imaxe pte.

RELACIÓN DE ACORDES (2009)
— Xacio Baño

ROAD TO NOWHERE (2010)
— Monte Hellman

ROUTE IRISH (2010)
— Ken Loach

SCHLÄFER (O ESPÍA DORMENTE) (2005)
— Benjamin Heisenberg

SEHNSUCHT (MORRIÑA) (2006)
— Valeska Grisebach

SUSAN IN RED (2011)
— Franck Giordanengo

Imaxe pte.

T_R (2007)
— Borja Mucientes

TAKE THIS WALTZ (2011)
— Sarah Polley

TANYARADZWA 1: CENAS DA VIDA RURAL (2008)
— Alberte Pagán

TANYARADZWA 2: CENAS DA VIDA URBANA (2008)
— Alberte Pagán

THE ARTIST (2011)
— Michel Hazanavicius

THE CONSPIRATOR (O CONSPIRADOR) (2010)
— Robert Redford

THE WICKER MAN (1973)
— Robin Hardy

THIS IS ELVIS (1981)
— Andrew Solt, Malcolm Leo

TO VLEMMA TOU ODYSSEA (A MIRADA DE ULISES). (1995)
— Théo Angelopoulos

Imaxe pte.

TÚNEL (2008)
— Borja Mucientes

TYRANNOSAUR (TIRANOSAURO) (2011)
— Paddy Considine

UNDERGROUND (1995)
— Emir Kusturica

VELÓDROMO (2010)
— Alberto Fuguet

VIKINGLAND (2011)
— Xurxo Chirro

YATASTO (2011)
— Hermes Paralluelo

YELLA (2007)
— Christian Petzold

Teatro Principal

Nome(s): Cineuropa 2011 / #Cineuropa25
Datas: Do 9 de novembro ao 2 de decembro de 2011
Sede(s): Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Sede Novagalicia.
Películas: 141
Seccións: Sección Oficial; Panorama Internacional; Foco Valerie Donzelli; Mundo Asia; Foco Shion Sono; Cinefilias; Docs Cineuropa; Conexión Bos Aires; Foco Alberto Fuget; Ciclo Escola de Berlín; Foco Andrés Veiel; Retrospectiva 25 anos de Cineuropa; Docs Music Cineuropa: todo sobre Elvis; Panorama audiovisual galego; Creadoras galegas de imaxe; Cine miudo.
Premio(s) Cineuropa: Aitana Sánchez Gijón e Jorge Drexler.
Premio(s) do público: The Artist, de Michel Hazanavicius.
Película(s) sorpresa: Late Bloomers, de Julie Gavras e The wicker man, de Robin Hardy (no maratón).


Premios do Público ata 2011

EdiciónPelícula gañadora
2011The Artist, de Michel Hazanavicius
2010In a better world, de Susanne Bier
2009Looking for Eric, de Ken Loach
2008Kirschblüten-Hanami (Cerdeiras en flor), de Doris Dõrrie
2007The edge of heaven, de Faith Akin
2006A vida dos outros, de Florian Henckel
2005Manderlay, de Lars von Trier
2004Os mozos do coro, de Christophe Barratier
2003Dogville, de Lars Von Trier
2002Amén, de Costa-Gavras
2001⁠⁠⁠Los niños de Rusia, de Jaime Camino
2000Bread and roses, de Ken Loach
1999Buena Vista Social Club, de Wim Wenders
1998My name is Joe, de Ken Loach
1997Hamlet, de Kenneth Branagh
1996Sostiene Pereira, de Roberto Faenza
1995-------------------------
1994Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi; e Otelo, de Orson Welles
1993Orlando, de Sally Potter
1992Totó el Héroe, de Jaco Van Dormael
1991Hoy quizá, de Jean-Louis Bertuccelli
1990Nos habíamos querido tanto, de Ettore Scola
1989Cielo e Infierno, de Morten Arnfred
1988Mañana fue la guerra, de Youri Kara
1987-------------------------

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016