#CINEUROPA30
#Cineuropa24. Do 10 de novembro ao 3 de decembro de 2010.

A cita coa 24ª edición comezou o 10 de novembro de 2010 coa proxección de Neds, de Peter Mullan, Cuncha de Ouro en San Sebastián. De aí ata o 3 de decembro, o Teatro Principal, o Salón Teatro, a Aula Sociocultural de Caixa Galicia, a Sede Fundación Caixa Galicia, o CGAC e a Sala Nasa serían as sedes de exhibición de 139 películas. A gañadora do premio do público foi a oscarizada In a better world, de Susanne Bier, pero tamén puidemos gozar do último de Abbas Kiarostami, Jean-Luc Godard, José Luis Guerín ou Hirokazu Koreeda, entre moitos outros. Tamén houbo espazo para o cine galego de nomes xa coñecidos como Lois Patiño, Alberte Pagán, Peque Varela, Eloy Enciso ou Marcos Nine.

O 26 de novembro celebrouse a primeira das dúas galas Cineuropa desa edición. Pilar López de Ayala foi a primeira galardoada pola súa aposta polo cinema máis valente, máis independente e libre. A continuación, proxectouse O estraño caso de Angélica, protagonizada pola premiada e dirixida por Manoel de Oliveira.

Oliver Laxe foi o segundo premiado no 2010. Na gala do día 30, Laxe presentou a súa ópera prima, Todos vós sodes capitáns, que viña de gañar en Cannes o premio da crítica internacional (FIPRESCI) da Quincena de Realizadores.

A noite de maratón, titulada Skalofrío, comezou con tres videoclips de Javi Camino: Nuestra fe en el veneno, Amigos del género humano, e Corpus vídeo; e continuou coas longametraxes Ichi the killer, de Takashi Miike; Tras el cristal, de Agustí Villaronga; Martyrs, de Pascal Laugier; Enter the void, de Gaspar Noé; unha película sorpresa; Bilbao, de Bigas Luna; e Shivers (they came from within), de David Cronenberg.

Premios Cineuropa 2010

Pilar López de Ayala

Pilar López de Ayala

A actriz madrileña Pilar López de Ayala comezou a súa carreira na televisión. Axiña deu o salto ao cine con Báilame el agua, de Josecho San Mateo, aínda que o recoñecemento lle chegaría con Besos para todos, de Jaime Chávarri (pola que foi candidata ao Goya) e, sobre todo, grazas a Juana la Loca, de Vicente Aranda, que si lle valeu tanto o Goya como a Cuncha de Prata en San Sebastián. Despois virían Obaba, de Montxo Armendáriz; Alatriste, de Agustín Díaz Yanes; En la ciudad de Sylvia, de José Luis Guerín, ou Las 13 rosas de Emilio Martínez Lázaro, entre outras, todas elas caracterizadas pola brillante interpretación de Pilar.

Oliver Laxe

Oliver Laxe

Fillo de inmigrantes galegos, Oliver Laxe naceu en París en 1982. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona antes de mudarse a Londres, onde comezou a súa carreira cinematográfica. En 2009 proxectouse en Cineuropa Luz Branca, avance do que logo se convertería na súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, coa que acadou en Cannes o premio da crítica internacional (FIPRESCI) da Quincena de Realizadores. A pesar do éxito da súa ópera prima, costoulle cinco anos sacar adiante a súa segunda longametraxe, Mimosas, que obtivo o Premio Semana da Crítica no Festival de Cannes.



As películas de Cineuropa 2010

13 POZAS (2010)
— Xurxo González

1977 (2007)
— Peque Varela

6=0 HOMEOSTÉTICA (2008)
— Bruno de Almeida

A CASA DA LUZ (2008)
— Carlos Amil Serantes

A CORAGEM DE LASSIE (2009)
— Francisca Manuel

A FÁBRICA (2008)
— Marcos Nine

Imaxe pte.

AARON (2009)
— Marcos Nine

AITA (2010)
— José Maria de Orbe

Imaxe pte.

AMIGOS DEL GÉNERO HUMANO (TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO) (2010)
— Javi Camino

ANIMAL KINGDON (2010)
— David Michôd

AÑO BISIESTO (2010)
— Michael Rowe

APASH, OS DE FÓRA (2011)
— Cora Peña

ASAHRA HURRATUN (2009)
— Alberte Pagán

BAL (HONEY) (MEL) (2010)
— Semih kaplanoglu

BILBAO (1978)
— Bigas Luna

Imaxe pte.

CANCIÓNS DE PEDRA (2010)
— Alejandro Goris Míguez

Imaxe pte.

CELLULAR MOVIE (2010)
— Xurxo González

CHLOE (2009)
— Atom Egoyan

CINCO (2010)
— Cinthia Varela, Marco Berger, Cecilia del Valle, Andrew Sala, Francisco Forbes

CLASS OF 1984 (1982)
— Mark L. Lester

CORPOS ARBÓREOS (2010)
— Andrés Victorero

Imaxe pte.

CORPUS VIDEO (2010)
— Javi Camino

CYRUS (2010)
— Jay Duplass, Mark Duplass

Imaxe pte.

DE PORTA EN PORTA (2010)
— Lisi González

DES HOMMES ET DES DIEUX (OF GODS AND MEN) (2010)
— Xavier Beauvois

DIFICILMENTE O QUE HABITA PERTO DA ORIGEM ABANDONA O LUGAR (2008)
— Catarina Rosendo, Olga Ramos

DOUS DE VINTETANTOS (2010)
— Manu Mayo

ÉL NUNCA LO HARÍA (2009)
— Anartz Zuazua

Imaxe pte.

EL VAIVÉN (2010)
— Víctor Hugo Seoane, Jaione Camborda, Iván Marcos

ELISA K (2010)
— Judith Colell, Jordi Cadena

ENTER THE VOID (2009)
— Gaspar Noé

ENTRE LINGUAS (2009)
— Vanessa Vila Verde, João Aveledo, Eduardo Maragoto

ESQUIVAR Y PEGAR (2010)
— Adan Aliaga, Juanjo Jiménez

EXIT THROUGH THE GIFT SHOP (2010)
— Banksy

Imaxe pte.

EXTREMO SUR: UNHA VIAXE AO FIM DO MUNDO (2010)
— Juan Carlos Lausin

Imaxe pte.

F DE FONTCUBERTA (2005)
— Danielle Villa, Gerardo Panchi

Imaxe pte.

FANTASMAS#1 (2010)
— Ángel Santos

Imaxe pte.

FATUM! (2010)
— Pablo Millán

FGM (2008)
— Jon Garaño

FILM SOCIALISME (2010)
— Jean-Luc Godard

Imaxe pte.

FORZAS EN XOGO (FUERZAS EN JUEGO PARA UN DIARIO 2009-2010) (2010)
— David Castro Sopeña

GATO ENCERRADO (2011)
— Peque Varela

Imaxe pte.

GEAR (2004)
— Peque Varela

GIMME SHELTER (1970)
— Albert Maysles, David Maysles, Charlotte Zwerin

GUEST (2010)
— José Luis Guerín

HAPPYTHANKYOUMOREPLEASE (2010)
— Josh Radnor

ICHI THE KILLER (2001)
— Takashi Miike

ICONOSCOPIO #1. EIRASVEDRAS DSK (2009)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #2. DE KATANGA A O AGRA DSK (2009)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #3. CRK.29 DSK (2009)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #4. FELIZ 2010 DSK (2010)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #5. WATERMELON DSK (2010)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #6. FANTASY DSK (2010)
— Juan Lesta, Belén Montero

ICONOSCOPIO #7. CURTIS DSK (2010)
— Juan Lesta, Belén Montero

INVERNADERO (2010)
— Gonzalo Castro

Imaxe pte.

JUST FOR THE RECORD ANOS 60 E 70 (2002)
— Steven Vosburgh

KÛKI NINGYÔ (AIR DOLL) (2009)
— Hirokazu Koreeda

LA DANSE - LE BALLET DE L’OPÉRA DE PARIS (2009)
— Frederick Wiseman

LA MIRADA DE OUKA LEELE (2009)
— Rafael Gordon

LA MITAD DE ÓSCAR (2010)
— Manuel Martín Cuenca

LA MOSQUITERA (2010)
— Agustí Vila

LA NOCHE QUE NO ACABA (2010)
— Isaki Lacuesta

LET’S SPEND THE NIGHT TOGETHER (1982)
— Hal Ashby

LOS LABIOS (2010)
— Santiago Loza, Iván Fund

Imaxe pte.

LUGARES NO TEMPO (2010)
— Víctor Hugo Seoane

Imaxe pte.

LUIS SEOANE. VISIBILIDADE, RECORDO E SÍNTESE (2010)
— José Manuel Mouriño

MAISON TROPICALE (2008)
— Manthia Diawara, Ángela Ferreira

MAMMOTH (MAMUT) (2009)
— Lukas Moodysson

Imaxe pte.

MANUSCRITOS POMPEIANOS (2010)
— Marcos Nine

MARTYRS (2008)
— Pascal Laugier

MEDENI MESEC (HONEYMOONS) (2009)
— Goran Paskaljevic

Imaxe pte.

MÓNICA ALONSO: CONSTRUÍNDO O DESCANSO (2009)
— Elena López

MONSTERS (2010)
— Gareth Edwards

MORRER COMO UM HOMEN (2009)
— João Pedro Rodrigues

Imaxe pte.

MOUGAS (2010)
— David Castro Sopeña

Imaxe pte.

NA DISTANCIA (2009)
— Víctor Hugo Seoane

NASIJA (2006)
— Guillermo Ríos

NE CHANGE RIEN (2009)
— Pedro Costa

NEDS (2010)
— Peter Mullan

Imaxe pte.

NUESTRA FE EN EL VENENO (FRANC3S) (2010)
— Javi Camino

O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA (2010)
— Manoel de Oliveira

Imaxe pte.

O PROCESO DE ARTAUD (2010)
— Ramiro Ledo

Imaxe pte.

O RUÍDO E O SILENCIO (2010)
— Antonio Caeiro

Imaxe pte.

O SOL NOS CHAOS (2010)
— Marcos Nine

ONE PLUS ONE (SYMPATHY FOR THE DEVIL) (1968)
— Jean-Luc Godard

Imaxe pte.

OS DÍAS BRANCOS (2010)
— José Manuel Mouriño

Imaxe pte.

PAISAXE-DISTANCIA (2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DISTANCIA. CONSTRUINDO NAS MONTAÑAS (2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DISTANCIA. ENCONTRO ENTRE HOMES (2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DISTANCIA. PESCADORES NO MESMO RÍO (2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DURACIÓN. PONTE (2009-2010)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DURACIÓN. RÍO (2009)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

PAISAXE-DURACIÓN. TRIGAL (2009)
— Lois Patiño

PELAS SOMBRAS (2010)
— Catarina Mourâo

Imaxe pte.

PENÍNSULA XY DSK (2010)
— Juan Lesta, Belén Montero

Imaxe pte.

PHACE (2005)
— Peque Varela

PIC-NIC (2007)
— Eloy Enciso

Imaxe pte.

POÉTICAS URBANAS. A CIDADE INTERIOR (2010)
— Susana Rey Crespo

POETRY (POESÍA) (2010)
— Lee Changdong

PUÍLHA 17 JANEIRO 2010 15:33H (2010)
— Alberte Pagán

PULPWOOD (PASTA DE PAPEL) (2010)
— Andrés Victorero

RADIOGRAFÍA DUN AUTOR DE TEBEOS (2010)
— Marcos Nine

RECORDANDO LOS ROSTROS DE LA MUERTE (2009)
— Lois Patiño

ROMPECABEZAS (2009)
— Natalia Smirnoff

Imaxe pte.

ROSTROS DE ARENA 1. PROFESOR TEJERO (2008)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

ROSTROS DE ARENA 2. RAYITO (2009)
— Lois Patiño

Imaxe pte.

ROSTROS DE ARENA 3. ZUMA, EMBAJADOR DEL SOL (2009)
— Lois Patiño

SECUESTRADOS (2010)
— Miguel Ángel Vivas

STONES IN EXILE (2010)
— Stephen Kijak

SUBMARINO (2010)
— Thomas Vinterberg

TALES FROM THE GOLDEN AGE (AMINTIRI DIN EPOCA DE AUR) (CONTOS DA IDADE DE OURO) (2009)
— Cristian Mungiu, Ioana Uricaru, Hanno Höffer, Razvan Marculescu, Constantin Popescu

TANYARADZWA (2009)
— Alberte Pagán

THE PRINCESS AND THE FROG (TIANA E O SAPO) (2009)
— Ron Clements, John Musker

THE ROLLING STONES ROCK AND ROLL CIRCUS (1996)
— Michael Lindsay-Hoog

THE STONES IN THE PARK (1969)
— Leslie Woodhead

Imaxe pte.

THEREMIN AZULEXO (2010)
— David Castro Sopeña

TODAS LAS CANCIONES HABLAN DE MÍ (2010)
— Jonás Trueba

TODOS VÓS SODES CAPITÁNS (2010)
— Oliver Laxe

TOURNÉE (ON TOUR) (2010)
— Mathieu Amalric

TRAS EL CRISTAL (1986)
— Agustí Villaronga

Imaxe pte.

UN MAR DE PEDRA (2010)
— Manu Paz, Xacobo San Martin

Imaxe pte.

VARONA (2010)
— Lara Bacelo

WHITE MATERIAL (2009)
— Claire Denis

WIR SIND DIE NACHT (WE ARE THE NIGHT) (2010)
— Dennis Gansel

ZONA SUR (2009)
— Juan Carlos Valdivia

Teatro Principal

Nome(s): Cineuropa 2010 / #Cineuropa24
Datas: Do 10 de novembro ao 3 de decembro de 2010
Sede(s): Teatro Principal, Salón Teatro, Aula Sociocultural de Caixa Galicia, Sede Fundación Caixa Galicia, CGAC e Sala Nasa.
Películas: 139
Seccións: Sección Oficial; Panorama Internacional; Mundo Asia; Docs-Documentos; Conexión Bos Aires; Fantastique Compostela; Cinefilias; Focus Luis Miñarro; Focus: Rolling Stones, retrospectiva; Panorama audiovisual galego; Cine videocreación de artistas plásticos portugueses e españois; Cine miudo.
Premio(s) Cineuropa: Pilar López de Ayala e Oliver Laxe.
Premio(s) do público: In a better world, de Susanne Bier.
Película(s) sorpresa: Exit Through the Gift Shop, de Banksy; e Class of 1984, de Mark L. Lester, no maratón.


Premios do Público ata 2010

EdiciónPelícula gañadora
2010In a better world, de Susanne Bier
2009Looking for Eric, de Ken Loach
2008Kirschblüten-Hanami (Cerdeiras en flor), de Doris Dõrrie
2007The edge of heaven, de Faith Akin
2006A vida dos outros, de Florian Henckel
2005Manderlay, de Lars von Trier
2004Os mozos do coro, de Christophe Barratier
2003Dogville, de Lars Von Trier
2002Amén, de Costa-Gavras
2001⁠⁠⁠Los niños de Rusia, de Jaime Camino
2000Bread and roses, de Ken Loach
1999Buena Vista Social Club, de Wim Wenders
1998My name is Joe, de Ken Loach
1997Hamlet, de Kenneth Branagh
1996Sostiene Pereira, de Roberto Faenza
1995-------------------------
1994Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi; e Otelo, de Orson Welles
1993Orlando, de Sally Potter
1992Totó el Héroe, de Jaco Van Dormael
1991Hoy quizá, de Jean-Louis Bertuccelli
1990Nos habíamos querido tanto, de Ettore Scola
1989Cielo e Infierno, de Morten Arnfred
1988Mañana fue la guerra, de Youri Kara
1987-------------------------

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016