#CINEUROPA30
#Cineuropa21. Do 6 de novembro ao 3 de decembro de 2007.

Entre o 6 de novembro e o 3 de decembro de 2007, desenvolveuse a XXI edición de Cineuropa. Ese ano puidemos gozar das últimas estreas de grandes nomes —e vellos coñecidos— como Paul Auster, Ken Loach, Claude Chabrol, Carlos Saura ou Alain Resnais, entre moitos outros.

Tres foron os premiados esa edición: os cineastas Vicente Aranda e José Luis Guerín, e a actriz e cantante Jane Birkin. A entrega do premio Cineuropa a Vicente Aranda celebrouse o 15 de novembro. O director acudiu acompañado de Flora Martínez e Eduardo Noriega para presentar Canciones de amor en Lolita's Club, película que os dous actores protagonizaban e que se estreaba no festival. José Luis Guerín foi o segundo premiado da edición, nunha gala que se celebrou o 21 de novembro, xusto antes da proxección de En la ciudad de Sylvia, que fora nomeada ese ano ao León de Ouro no Festival de Venecia. O 2 de decembro, por fin, entregouse o terceiro premio Cineuropa a Jane Birkin que presentou Boxes, a súa opera prima como directora.

De entre as 113 películas proxectadas ese ano, The edge of heaven, de Faith Akin, resultou ser a gañadora do certame, un filme duro e conmovedor que logrou o premio ao mellor guión no Festival de Cannes 2007.

Por último, oito foron as películas do maratón que baixo o título de Cine Bizarro puxo fin á XXI edición: Deliverance, de John Boorman; The devils, de Ken Russell; The honeymoon killers, de Leonard Kastle; Taxidermia, de György Pálfi; Tideland, de Terry Gilliam; Spoorloos (Desaparecida), de George Sluizer; Santa sangre, de Alejandro Jodorowsky; e Dumplings, de Fruit Chan.

Premios Cineuropa 2007

Vicente Aranda

Vicente Aranda

O director e guionista Vicente Aranda (1926-2015) foi un dos grandes representantes do cinema español. Aínda que xa dirixira La novia ensangrentada ou La muchacha de las bragas de oro, os seus maiores éxitos tiveron lugar nas décadas dos 80 e 90, con Asesinato en el Comité Central, El Lute e, sobre todo, Amantes, coa que conseguiu os Goya á mellor película e director, e o Oso de Prata á mellor actriz en Berlín para Vitoria Abril. Outras películas súas son El amante bilingüe, La pasión turca, Libertarias ou Juana la loca.

José Luis Guerín

José Luis Guerín

Nacido en Barcelona en 1960, José Luis Guerín comezou a traballar no cine durante os anos 70, realizando pequenos traballos experimentais en diversos formatos. A súa primeira longametraxe foi Los motivos de Berta, onde xa daba mostras dunha particular poética influenciada pola mellor tradición autoral europea. Seguiríanlle Tren de sombras (Premio da Crítica en Sitges 1997), En construcción (Goya ao mellor documental e Premio Especial do Xurado en San Sebastián), En la ciudad de Sylvia (nomeada ao León de Ouro en Venecia), ou La academia das musas, que puidemos ver, comentada polo propio Guerín, na edición número 29 de Cineuropa.

Jane Birkin

Jane Birkin

Nada en Londres en 1946, Jane Birkin debutou como actriz aos 17 anos. A súa aparición en Blow-Up, de Antonioni; converteuna en toda unha celebridade na escena londiniense. En 1967 trasladouse a Francia, onde continuou desenvolvendo a súa carreira como actriz e iniciando a musical. Traballou con directores como Jacques Deray, Roger Vadim ou Alain Resnais. En 2007 realizou Boxes, a súa primeira longametraxe como directora, que puidemos gozar en Cineuropa.



As películas de Cineuropa 2007

14 KILÓMETROS (2007)
— Gerardo Olivares

1408 (2007)
— Mikael Hafström

4 MESES, 3 SEMANAS, 2 DÍAS (2007)
— Cristian Mungiu

A BATALLA POR HADITHA (2007)
— Nick Broomfield

A DUQUESA DE LANGEAIS (2007)
— Jacques Rivette

A FRAUTA MÁXICA (2006)
— Kenneth Branagh

A FUXIDA (1972)
— Sam Peckinpah

A HORA DO LOBO (1968)
— Ingmar Bergman

A MOZA CORTADA EN DÚAS (2007)
— Claude Chabrol

A NOITE DE IGUANA (1964)
— John Huston

A PROMESA (2005)
— Chen Kaige

A VIDA INTERIOR DE MARTÍN FROST (2007)
— Paul Auster

A VODA DE TUYA (2006)
— Wang Quanan

AMAZING JOURNEY: THE STORY OF THE WHO (2007)
— Paul Crowder, Murray Lerner

ARGENTINA LATENTE (2007)
— Fernando E. Solanas

ARITMÉTICA EMOCIONAL (2007)
— Paolo Barzman

BLONDIE: ONE WAY OR ANOTHER (2006)
— Matt O'Casey

BOXES (2007)
— Jane Birkin

BREAKING AND ENTERING (2006)
— Anthony Minghella

BS.AS. (2006)
— Alberte Pagán

BUDA ESTOUPOU POR VERGOÑA (2007)
— Hana Makhmalbaf

CANCIONES DE AMOR EN LOLITA'S CLUB (2007)
— Vicente Aranda

CARAMEL (2007)
— Nadine Labaki

CEN CRAVOS (2007)
— Ermanno Olmi

CHANSON D'AMOUR (2006)
— Xavier Giannoli

CIDADE BAIXA (2005)
— Sérgio Machado

COCALERO (2007)
— Alejandro Landes

COEURS (PETITES PEURS PARTAGÉES) (2006)
— Alain Resnais

DELIRIOUS (2006)
— Tom DiCillo

DELIVERANCE (1972)
— John Boorman

DESERT DREAM (2007)
— Zhang Lu

DIARY OF THE DEAD (2007)
— George A. Romero

DUMPLINGS (2004)
— Fruit Chan

EL BAÑO DEL PAPA (2007)
— Enrique Fernández, César Charlone

EL OTRO (2007)
— Ariel Rotter

EL PALLASO I EL FÜHRER (2007)
— Eduard Cortés

ELECTION 2 (2006)
— Johnnie To

EN LA CIUDAD DE SYLVIA (2007)
— José Luis Guerín

ESTRELLAS (2007)
— Federico León, Marcos Martínez

FADOS (2007)
— Carlos Saura

FLIGHT OF THE RED BALLOON (2007)
— Hou Hsiao-Hsien

FRONTEIRAS (2007)
— Rubén Pardiñas

GOODBYE AMERICA (2006)
— Sergio Oksman

HAFNER'S PARADISE (2007)
— Günter Schwaiger

HAMACA PARAGUAYA (2006)
— Paz Encina

HONEYDRIPPER (2007)
— John Sayles

I DON'T WANT TO SLEEP ALONE (2006)
— Tsai Ming-Liang

I'M A CYBORG BUT THAT'S OK (2006)
— Chan-wook Park

INTERVIEW (2007)
— Steve Buscemi

IRINA PALM (2007)
— Sam Garbarski

IT'S A FREE WORLD (2007)
— Ken Loach

JUNTOS NADA MÁS (2007)
— Cloud Berri

KEANE (2004)
— Lodge Kerrigan

KURT COBAIN ABOUT A SON (2006)
— AJ Schnack

LA ZONA (2007)
— Rodrigo Plá

LADY CHATTERLEY (2006)
— Pascale Ferran

LET'S GET LOST (1988)
— Bruce Weber

LISTE, PRONUNCIADO LÍSTER (2007)
— Margarita Ledo

LLACH: LA REVOLTA PERMANENT (2006)
— Lluis Danès

LO BUENO DE LLORAR (2006)
— Matías Bize

LONXE DELA (2006)
— Sarah Polley

LOVE AND HONOR (2006)
— Yöyi Yamada

LUZ SILENCIOSA (2007)
— Carlos Reygadas

MADE IN JAMAICA (2006)
— Jerome Laperrousaz

MALA NOCHE (1986)
— Gus van Sant

MEMORIAS DE UNA GUERRILLERA (2007)
— Pau Vergara

MICHAEL CLAYTON (2007)
— Tony Gilroy

MIL ANOS DE ORACIÓN (2007)
— Wayne Wang

MOLIÈRE (2007)
— Laurence Tirard

MUERTE DUN PRESIDENTE (2006)
— Gabriel Range

MY BLUEBERRY NIGHTS (2007)
— Wong Kar-wai

NATUREZA MORTA (2006)
— Jia Zhang Ke

NEW ORLEANS: MUSIC IN EXILE (2006)
— Robert Mugge

NEXT DOOR (2005)
— Pål Sletaune

NO VAL DE ELAH (2007)
— Paul Haggis

O BOSQUE DE LOITO (2007)
— Naomi Kawase

O CASO LITVINENKO (2007)
— Andrei Nekrasov

O DESERTO VERMELLO (1964)
— Michelangelo Antonioni

O MEU IRMÁN É FILLO ÚNICO (2007)
— Daniel Luchetti

O NOVO EMDEN (2006)
— Marcos Gallego Fernández

O POLÍTICO (1949)
— Robert Rossen

O PRESTAMISTA (1964)
— Sidney Lumet

O QUIMÉRICO INQUILINO (1976)
— Roman Polanski

O RAPTO DE BUNNY LAKE (1965)
— Otto Preminger

O TERRITORIO DA BESTA (2007)
— John Blush, Greg McLean

O ÚLTIMO HURRA (1958)
— John Ford

OLD MAN BEBO (2008)
— Carlos Carcas

OS FALSIFICADORES (2007)
— Stefan Ruzowitzki

QUEDA ALGUÉN AÍ? (2007)
— Rafael Cid Fernández

REDACTED (2007)
— Brian de Palma

REQUIEM FOR BILLY EL NIÑO (2006)
— Anne Feinsilber

RETURN TO GORÉE (2007)
— Pierre-Yves Borgeaud

SANTA SANGRE (1989)
— Alejandro Jodorowsky

SCOTT WALKER: 30 CENTURY MAN (2006)
— Stephen Kijak

SLPISTREAM (2007)
— Anthony Hopkins

SPOORLOOS (DESAPARECIDA) (1988)
— George Sluizer

SYNDROMES AND A CENTURY (2006)
— Apichatpong Weerasethakul

TALK TO ME (2007)
— Kasi Lemons

TAXIDERMIA (2006)
— György Pálfi

THE DEVILS (1971)
— Ken Russell

THE EDGE OF HEAVEN (2007)
— Fatih Akin

THE FALL (2006)
— Tarsem Singh

THE HONEYMOON KILLERS (1969)
— Leonard Kastle

THE MISFITS (VIDAS REBELDES) (1961)
— John Huston

THE RAIN PEOPLE (1969)
— Francis Ford Coppola

THE UNFORGIVEN (1960)
— John Huston

THE US VS JOHN LENNON (2006)
— David Leaf, John Scheinfeld

TIDELAND (2005)
— Terry Gilliam

UPA! UNA PELÍCULA ARGENTINA (2007)
— Tamae Garateguy, Santiago Giralt, Camila Toker

VERDADES OCULTAS (2005)
— Baltasar Kormákur

XXY (2007)
— Lucía Puenzo

YI-YI (2000)
— Edward Yang

Teatro Principal

Nome(s): Cineuropa 2007 / #Cineuropa21
Datas: Do 6 de novembro ao 3 de decembro de 2007
Sede(s): Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Aula Sociocultural de Caixa Galicia.
Películas: 113
Seccións: Sección Oficial; Panorama Internacional, Arxentina latente; Mundo Asia; Fantastic Compostela; Docs: cinema e historia; Norteamérica: cinema e poder; Cinema e poder: a guerra; DOC: Música; Cinefilias.
Homenaxes: Edward Yang, John Huston
Premio(s) Cineuropa: Vicente Aranda, Jane Birkin e José Luis Guerín.
Premio(s) do público: The edge of heaven, de Faith Akin.
Película(s) sorpresa: My blueberry nights, de Won-Kar-wai e Spoorloos (Desaparecida), de George Sluizer, no maratón.


Premios do Público ata 2007

EdiciónPelícula gañadora
2007The edge of heaven, de Faith Akin
2006A vida dos outros, de Florian Henckel
2005Manderlay, de Lars von Trier
2004Os mozos do coro, de Christophe Barratier
2003Dogville, de Lars Von Trier
2002Amén, de Costa-Gavras
2001⁠⁠⁠Los niños de Rusia, de Jaime Camino
2000Bread and roses, de Ken Loach
1999Buena Vista Social Club, de Wim Wenders
1998My name is Joe, de Ken Loach
1997Hamlet, de Kenneth Branagh
1996Sostiene Pereira, de Roberto Faenza
1995-------------------------
1994Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi; e Otelo, de Orson Welles
1993Orlando, de Sally Potter
1992Totó el Héroe, de Jaco Van Dormael
1991Hoy quizá, de Jean-Louis Bertuccelli
1990Nos habíamos querido tanto, de Ettore Scola
1989Cielo e Infierno, de Morten Arnfred
1988Mañana fue la guerra, de Youri Kara
1987-------------------------

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016