#CINEUROPA30

#Cineuropa20. Do 2 ao 30 de novembro de 2006.

O xoves 2 de novembro de 2006 inaugurábase unha nova edición de Cineuropa, que celebraba os vinte anos de compromiso co cinema europeo, internacional, independente e de calidade. A Real Filharmonía de Galicia deu ese ano o pistoletazo de saída cun concerto e un espectador de luxo, o compositor Stephen Warbeck que asistiu á interpretación de varias das súas partituras como as bandas sonoras de Billy Elliot ou Shakespeare in love. Ao longo desa noite, entregóuselle o Premio Cineuropa por toda unha vida dedicada á música no cinema.

Tan só dous días máis tarde celebrouse unha nova gala, en honra esta vez ao director Bahman Ghobadi, autor de As tartarugas tamén voan e Half moon entre outros filmes, os dous premiados con cadansúa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. Half moon foi a película proxectada tras a entrega do premio.

Nesta edición, as proxeccións desenroláronse no Teatro Principal, no Salón Teatro, na Sala Yago, na Fundación Caixa Galicia, na aula de Cultura de Caixa Galicia e, por vez primeira, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). De entre a completísima programación que alcanzou os 127 títulos, hai que destacar A vida dos outros, de Florian Henckel, que levou o premio do público coa media de puntuación máis alta de toda a historia do festival. Logo converteuse nun gran éxito e acabou gañando o Oscar á mellor película estranxeira e varios premios do cinema europeo. E é que, cando unha película gusta moito ao público de Cineuropa, obtén éxito alí onde vai.

O maratón, titulado Mundo Asia, despedía o festival ata e edición do 2007 cos seguintes filmes: Chinjeolhan geumjassi (Sympathy for Lady Vengeance), de Chan-Wook Park; Yeopgijeogin geunyeo (My sassy girl), de Jae-Young Kwak; Wang-ui namja (The king and the clown), de Jun-ik Lee; Biyeolhan Geori (A Dirty Carnival) de Ha Yu; Rampo jigoku (Rampo noir), de Akio Jissoki, Atsushi Kaneko, de Hisayasu Sato e Suguru Takeuchi; Dalkomhan insaeng (A bittersweet life), de Ji Woon Jim; e Qian li zou dan qi (Riding alone for thousands of miles), de Zhang Yimou.

Premios Cineuropa 2006

Bahman Ghobadi

Bahman Ghobadi

Nado en 1969 en Irán, Ghobadi estudou Cinematografía en Teherán. En 1999 traballou como axudante de dirección do noso benquerido Abbas Kiarostami, antes de rodar a súa primeira longamextraxe, Época de caballos borrachos, coa que gañou a Cámara de Ouro no Festival de Cannes. As súas películas, centradas na vida kurda e iraniana, son duras e realistas, pero na súa maneira de narrar non esquece o humor e a esperanza. Á parte de As tartarugas tamén voan e Half moon, ámbalas dúas gañadoras da Cuncha de Ouro en San Sebastián, Bahman Ghobadi tamén é autor de Nadie sabe nada de gatos persas ou Songs of my Motherland.

Stephen Warbeck

Stephen Warbeck

Nado en Southampton en 1953, Stephen Warbeck iniciou os seus estudos de piano e composición con só catro anos. Logo de oito anos traballando como compositor e actor, comezou a compoñer para cine e televisión. Desde principios dos 80, labrouse unha considerable filmografía, entre a que destacan composicións para películas como as mencionadas Billy Elliot e Shakespeare in love (coa que obtivo ou Oscar), Escura sedución, Charlotte Gray, Mon roi ou De zaak Alzheimer.



As películas de Cineuropa 2006

13 TZAMETI (2005)
— Géla Babluani

A COMÉDIA DE DEUS (1995)
— João César Monteiro

A FLOR DO MAR (1986)
— João César Monteiro

A PROPÓSITO DE BUENOS AIRES (2006)
— Martín Kalina, Matías Piñeiro, Malena Solarz, Cecilia Libster, Nicolas Zukerfeld, Juan Ronco, Manuel Ferrari, Francisco Pedemonte, Andrea Santamaría, Alejo Franzetti, Clara Picasso

APAGA Y VÁMONOS (2005)
— Manel Mayol

AS VODAS DE DEUS (1999)
— João César Monteiro

BEYOND THE SEA (2004)
— Kevin Spacey

BLACK (2005)
— Sanjay Leela Bhansali

BRANCA DE NEVE (2000)
— João César Monteiro

BRASILEIRINHO (2005)
— Mika Kaurismäki

BRICK (2005)
— Rian Johnson

BUBBLE (2005)
— Steven Soderbergh

CAPTIVITY (2007)
— Roland Joffé

CATERINA VA IN CITTÀ (2003)
— Paolo Virzi

CHICHI ARIKI (HABÍA UN PAI) (1942)
— Yasujiro Ozu

CIGARETTE BURNS (MASTERS OF HORROR 8) (2005)
— John Carpenter

CIUDAD EN CELO (2006)
— Hernán Gaffet

COISA RUIM (2006)
— Tiago Guedes, Frederico Serra

COMPULSION (IMPULSO CRIMINAL) (1959)
— Richard Fleischer

DAS LEBEN DER ANDEREN (A VIDA DOS OUTROS) (2006)
— Florian Henckel von Donnersmarck

DERECHO DE FAMILIA (2006)
— Daniel Burman

EDMOND (2005)
— Stuart Gordon

EFTER BRYLLUPPET (AFTER THE WEDDING) (2006)
— Susanne Bier

EL AMARILLO (2006)
— Sergio Mazza

EL CAMINO DE SAN DIEGO (2006)
— Carlos Sorin

EL CICLO DREYER (2006)
— Álvaro del Amo

EL CRIMEN DE UNA NOVIA (2006)
— Lola Guerrero

EL VIOLÍN (2005)
— Francisco Vargas

ENDURING LOVE (O INTRUSO) (2004)
— Roger Michell

FICCIÓN (2006)
— Cesc Gay

FOREVER (2006)
— Heddy Honigmann

FRAGMENTOS DE UM FILME-ESMOLA: A SAGRADA FAMÍLIA (1972)
— João César Monteiro

GLASTONBURY (2006)
— Julien Temple

GRBAVICA (2006)
— Jasmila Žabanić

GRIZZLY MAN (2005)
— Werner Herzog

GWOEMUL (THE HOST) (2006)
— Bong Joon-ho

HALF MOON (NIWEMANG) (2006)
— Bahman Ghobadi

HANA YORI MO NAHO (2006)
— Kore-eda Hirokazu

HARSH TIMES (2005)
— David Ayer

HOSHI NO KOE (VOICES OF A DISTANT STAR) (2003)
— Makoto Shinkai, Steve Foster

IKLIMLER (CLIMATES) (2006)
— Nuri Bilge Ceylan

INDIGÈNES (2006)
— Rachid Bouchareb

INFERNAL AFFAIRS (XOGO SUCIO) (2002)
— Wai Keung Lau, Alan Mak

INFERNAL AFFAIRS 2 (2003)
— Siu Fai Mak, Wai Keung Lau

JAPÓN (2002)
— Carlos Reygadas

JUNEBUG (2005)
— Phil Morrison

KLIMT (2006)
— Raoul Ruiz

L'ENFER (O INFERNO) (2005)
— Danis Tanovic

LA CHINOISE (A CHINESA) (1967)
— Jean-Luc Godard

LAITAKAUPUNGIN VALOT (LIGHTS IN THE DUSK) (2006)
— Aki Kaurismäki

LAS MANTENIDAS SIN SUEÑOS (2005)
— Martin Desalvo, Vera Fogwill

LE BASSIN DE JOHN WAYNE (1997)
— João César Monteiro

LEONARD COHEN: I AM YOUR MAN (2005)
— Liam Lunson

LOS SUICIDAS (2005)
— Juan Villegas

LOVE + HATE (2005)
— Dominic Savage

MAH NAKORN (CITIZEN DOG) (2004)
— Wisit Sasanatieng

MAJOR DUNDEE (MAIOR DUNDEE) (1965)
— Sam Peckinpah

MARIA BETHÂNIA: MÚSICA É PERFUME (2005)
— George Gachot

MONDAY (2000)
— Hiroyuki Tanaka

MOSCOW ZERO (2006)
— Luna

MUJERES EN EL PARQUE (2006)
— Felipe Vega

NANG NAK (1999)
— Nonzee Nimibutr

NINE LIVES (NOVE VIDAS) (2005)
— Rodrigo García

O ÚLTIMO MERGULHO (A ÁGUA) (1992)
— João César Monteiro

OPTIMISTI (OPTIMISTAS) (2006)
— Goran Paskaljevic

OPUS (2005)
— Mariano Donoso

PALAIS ROYAL (2005)
— Valérie Lemercier

PALINDROMES (PALÍNDROMOS) (2004)
— Todd Solondz

PERIFÉRICOS (2006)
— Xosé Holgado, Carlos Méndez, Tamara Blanco

QUE FAREI EU COM ESTA ESPADA? (1975)
— João César Monteiro

QUEM ESPERA POR SAPATOS DE DEFUNTO MORRE DESCALÇO (1970)
— João César Monteiro

QUINCEAÑERA (2006)
— Richard Clatzer, Wash Westmoreland

RAMPO JIGOKU (RAMPO NOIR) (2005)
— Akio Jissoki, Atsushi Kaneko, Hisayasu Sato, Suguru Takeuchi

RECORDAÇÕES DA CASA AMARELA (1989)
— João César Monteiro

RED ROAD (2006)
— Andrea Arnold

REQUIEM (2006)
— Hans-Christian Schmid

RIGET II - KINGDOM (1997)
— Lars von Trier, Morten Arnfred

SAMOA (2005)
— Ernesto Baca

SHORTBUS (2006)
— John Cameron Mitchell

SILVESTRE (1981)
— João César Monteiro

SOPHIA DE MELLO BREYNER ANDRESEN (1969)
— João César Monteiro

STANDING IN THE SHADOWS OF MOTOWN (2002)
— Paul Justman

SUD PRALAD (TROPICAL MALADY) (2004)
— Apichatpong Weerasethakul

TAKESHIS' (2005)
— Takeshi Kitano

THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON (2005)
— Jeff Feuerzeig

THE FLAMING LIPS: FEARLESS FREAKS (2005)
— Bradley Beesley

THE ILLUSIONIST (O ILUSIONISTA) (2006)
— Neil Burger

THE REFUGEE ALL STARS (2005)
— Zach Niles, Banker White

THE VIKINGS (OS VIQUINGOS) (1958)
— Richard Fleischer

THE WHITE DIAMOND (2004)
— Werner Herzog

TIME (2006)
— Kim Ki-duk

TRES CAÍDAS (2006)
— Nacho Cabana

UN BOSQUE DE MÚSICA (2004)
— Ignacio Vilar

UNKNOWN (2006)
— Simon Brand

VAI E VEM (2003)
— João César Monteiro

VENUS (2006)
— Roger Michell

VEREDAS (1978)
— João César Monteiro

VIVRE SA VIE (VIVIR A SÚA VIDA) (1962)
— Jean-Luc Godard

WOODY GUTHRIE: THIS MACHINE KILLS FASCISTS (2005)
— Stephen Gammond

WORKINGMAN'S DEATH (2005)
— Michael Glawogger

YEOPGIJEOGIN GEUNYEO (MY SASSY GIRL) (2001)
— Jae-young Kwak

Teatro Principal

Nome(s): Cineuropa 2006 / #Cineuropa20
Datas: Do 2 ao 30 de novembro de 2006
Sede(s): Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Yago, Fundación Caixa Galicia, Aula de Cultura de Caixa Galicia e CGAC.
Películas: 127
Seccións: Sección Oficial; Panorama Internacional; Ciclo de cine arxentino; Mundo Asia; Animación; Fantastic Compostela; Documentos, Cinema e Historia; Cinefilias; e DOC Music.
Homenaxes: Richard Fleisher, João César Monteiro e Gillo Pontecorvo.
Premio(s) Cineuropa: Bahman Ghobadi e Stephen Warbeck.
Premio(s) do público: A vida dos outros, de Florian Henckel.
Película(s) sorpresa: Brick, de Rian Johnson e Biyeolhan Geori (A Dirty Carnival) de Ha Yu.


Premios do Público ata 2006

EdiciónPelícula gañadora
2006A vida dos outros, de Florian Henckel
2005Manderlay, de Lars von Trier
2004Os mozos do coro, de Christophe Barratier
2003Dogville, de Lars Von Trier
2002Amén, de Costa-Gavras
2001⁠⁠⁠Los niños de Rusia, de Jaime Camino
2000Bread and roses, de Ken Loach
1999Buena Vista Social Club, de Wim Wenders
1998My name is Joe, de Ken Loach
1997Hamlet, de Kenneth Branagh
1996Sostiene Pereira, de Roberto Faenza
1995-------------------------
1994Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi; e Otelo, de Orson Welles
1993Orlando, de Sally Potter
1992Totó el Héroe, de Jaco Van Dormael
1991Hoy quizá, de Jean-Louis Bertuccelli
1990Nos habíamos querido tanto, de Ettore Scola
1989Cielo e Infierno, de Morten Arnfred
1988Mañana fue la guerra, de Youri Kara
1987-------------------------

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016