#Cineuropa19. Do 2 ao 30 de novembro de 2005.

Aquel novembro de cinema en Compostela de 2005 abriuno Viva Zapatero, de Sabina Guzzanti e dedicamos unha retrospectiva a Michael Haneke, que viña de gañar o premio ao mellor director no festival de Cannes por Hidden (Caché). Aquel ano trouxemos tamén Manderlay, de Lars von Trier; Hard Candy, de David Slade, que viña de arrasar no Festival de Cine Fantástico de Sitges; Ás 5 da tarde, de Samira Makhmalbaf; Live and Become, de Radu Mihaileanu; aquel Othello, de Stuart Burge que protagonizara Laurence Olivier; e así ata sumar 95 títulos no que pasaría a historia coma «o derradeiro Cineuropa con menos de 100 películas no programa».

O día 15 entregamos o Premio Cineuropa a un grandísimo Luis Tosar, e aproveitamos que viña para proxectar Galatasaray-Dépor, de Hannes Stöhr; 13 badaladas, de Xavier Villaverde; La vida que te espera, de Manuel Gutiérrez Aragón; e O lápis do carpinteiro, de Antón Reixa.

O maratón de 2005 comezou o 30 de novembro ás 20:15 con Racing bull, de Martin Scorsese. De seguido viñeron Crash, de David Cronenberg; Abre as orellas, de Stephen Frears; Naked lunch, de David Cronenberg; Pat Garret and Billy the kid, de Sam Peckinpah; O neno de Mâcon, de Peter Greenaway; e xa para antes de ir á casa a durmir (ou de reenganchar coa facultade, que de todo hai), Barton Fink dos irmáns Coen.

Premio Cineuropa 2005

Luis Tosar

Luis Tosar

Este lucense nado en 1971 comezou a súa carreira como actor na década dos 90 participando en curtametraxes e series de TV para dar o salto ao cinema en 1998 co papel de Cazorla en Atilano Presidente, de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Foi actor secundario en varias películas, destacando o seu papel en Flores de otro mundo, de Icíar Bollaín (1999), polo que chegou a estar nominado ao Goya como actor revelación. Goya que non tardaría en chegar pois no 2003 recibiuno como mellor actor de reparto por Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa. Aquel ano marcaría a súa traxectoria ao abrirlle as portas como actor protagonista en longametraxes e gañando merecidos premios por elo. Asi foi con Te doy mis ojos de Icíar Bollaín, onde a súa poderosísima interpretación de home frustrado e violento foi premiada coa Cuncha de Prata no Festival de San Sebastián de 2003 e co Goya ao mellor actor principal de 2004. Pero a súa exitosa carreira (O lápis do carpinteiro, de Antón Reixa; Cargo, de Clive Gordon; etc) mereceu outro Goya no 2010 polo seu inesquecible papel de Malamadre en Celda 211, de Daniel Monzón.

E nós, orgullosos de Luis.



As películas de Cineuropa 2005

13 BADALADAS (2002)
— Xavier Villaverde

À BOUT DE SOUFFLE (AO FINAL DA ESCAPADA) (1960)
— Jean-Luc Godard

AGUA CON SAL (2005)
— Pedro Pérez Rosado

BARTON FINK (1991)
— Joel Coen, Ethan Coen

BATALLA EN EL CIELO (2005)
— Carlos Reygadas

BENNY'S VIDEO ( O VÍDEO DE BENNY) (1992)
— Michael Haneke

BIRD (1998)
— Clint Eastwood

CHAKUSHIN ARI 2 (O POZO) (2005)
— Renpei Tsukamoto

CINEASTAS CONTRA MAGNATES (2005)
— Carlos Benpar

CINECLUBE CARLOS VARELA (2005)
— Ramiro Ledo

CRASH (CRASH, EXTRAÑOS PLACERES) (1996)
— David Cronenberg

CSA: THE CONFEDERATE STATES OF AMERICA (2004)
— Kevin Willmott

DEAR WENDY (2004)
— Thomas Vinterberg

DEMONLOVER (2002)
— Olivier Assayas

DÍAS AZULES (2006)
— Miguel Santesmases

DIE BLUTHOCHZEIT (BANQUETE DE VODA) (2005)
— Dominique Deruddere

DIE HÖHLE DES GELBEN HUNDES (2005)
— Byambasuren Davaa

EL CIELO GIRA (2004)
— Mercedes Álvarez

ELSA & FRED (2005)
— Marcos Carnevale

ESPERANDO LA CARROZA (1985)
— Alejandro Doria

EXILS (2004)
— Tony Gatlif

FACTOTUM (2005)
— Bent Hamer

FREE ZONE (2005)
— Amos Gitai

FUNNY GAMES (1997)
— Michael Haneke

GENTE DI ROMA (2003)
— Ettore Scola

GERRY (2002)
— Gus van Sant

GERTRUD (1964)
— Carl Theodor Dreyer

HAK SE WUI (ELECTION) (2005)
— Johnnie To

HARD CANDY (2005)
— David Slade

HERMANAS (2005)
— Julia Solomonoff

HIDDEN (CACHÉ) (2005)
— Michael Haneke

HWAL (2005)
— Kim Ki-duk

ILUMINADOS POR EL FUEGO (2005)
— Tristán Bauer

IN EINEM JAHR MIT 13 MONDEN (UN ANO CON TRECE LÚAS) (1978)
— Rainer Werner Fassbinder

INSIDE DEEP THROAT (DENTRO DE GARGANTA PROFUNDA) (2005)
— Fenton Bailey, Randy Barbato

IRÈNE (2002)
— Ivan Calbérac

LA CASA DE MI ABUELA (2005)
— Adán Aliaga

LA PIANISTE (A PIANISTA) (2001)
— Michael Haneke

LA PIEL VENDIDA (2005)
— Vicente Pérez Herrero

LA VIDA QUE TE ESPERA (A VIDA QUE CHE ESPERA) (2004)
— Manuel Gutiérrez Aragón

LE CHIAVI DI CASA (2004)
— Gianni Amelio

LE COUPERET (2005)
— Costa-Gavras

LE TEMPS DU LOUP (O TEMPO DO LOBO) (2003)
— Michael Haneke

LES ACHARNÉS (2002)
— Mariano Manzur

MALAS TEMPORADAS (2005)
— Manuel Martín Cuenca

MANDERLAY (2005)
— Lars von Trier

MÁS ALLÁ DE LA ALAMBRADA (2005)
— Pau Vergara

ME AND YOU AND EVERYONE WE KNOW (2005)
— Miranda July

MEMORIAS DEL SAQUEO (2004)
— Fernando E. Solanas

NAINA (2005)
— Shripal Morakhia

NAKED LUNCH (O XANTAR NÚ) (1991)
— David Cronenberg

O LAPIS DO CARPINTEIRO (2003)
— Antón Reixa

ONE DAY IN EUROPE (GALATASARAY-DÉPOR) (2005)
— Hannes Stöhr

ORDET (A PALABRA) (1955)
— Carl Theodor Dreyer

OTHELLO (1965)
— Stuart Burge

PANG É ASR (2003)
— Samira Makhmalbaf

PELÍCULA SORPRESA (????)
— ????

PRICK UP YOUR EARS (ABRE AS ORELLAS) (1987)
— Stephen Frears

RACING BULL (TOURO SALVAXE) (1980)
— Martin Scorsese

RESERVOIR DOGS (1992)
— Quentin Tarantino

RIGET (THE KINGDOM) (1997)
— Lars von Trier, Morten Arnfred

SALMER FRA KJØKKENET (2003)
— Bent Hamer

SANFERMINES 78 (2005)
— Juan Gautier, José Ángel Jiménez

SARABAND (2003)
— Ingmar Bergman

SEVEN TIMES LUCKY (2004)
— Gary Yates

SOY CUBA (1964)
— Mikhail Kalatozov

SOY CUBA (EL MAMUT SIBERIANO) (2005)
— Vicente Ferraz

SPELLBOUND (AO PÉ DA LETRA) (2002)
— Jeffrey Blitz

SUD EXPRESS (2005)
— Chema de la Peña, Gabriel Velázquez

THE BABY OF MÂCON (O NENO DE MÂCON) (1993)
— Peter Greenaway

THE DARK (2005)
— John Fawcett

THE HUSTLER (O BUSCAVIDAS) (1961)
— Robert Rossen

THE MISFITS (VIDAS REBELDES) (1961)
— John Huston

THE SOUL OF A MAN (2003)
— Wim Wenders

THE UNITED STATES OF LELAND (2003)
— Matthew Ryan Hoge

THE UPSIDE OF ANGER (2005)
— Mike Binder

THE WAYWARD CLOUD (O SABOR DA SANDÍA) (2005)
— Ming-liang Tsai

THE WORLD'S FASTER INDIAN (2005)
— Roger Donaldson

UN AÑO SIN AMOR (2005)
— Anahí Berneri

VA, VIS, ET DEVIENS (LIVE AND BECOME) (2005)
— Radu Mihaileanu

VEINTE AÑOS NO ES NADA (2004)
— Joaquim Jordà

VENTO DI TERRA (2004)
— Vincenzo Marra

VIDA Y COLOR (2005)
— Santiago Tabernero

VIVA ZAPATERO! (2005)
— Sabina Guzzanti

WATER (2005)
— Deepa Mehta