#Cineuropa18. Do 4 de novembro ao 10 de decembro de 2004.

A edición do 2004, na que o festival alcanzou a maioría de idade, caracterizouse por ser a máis longa. Aínda hoxe mantén esa marca. Head on (Contra a parede), de Fatih Akin, abriu a programación o 4 de novembro e, aínda que o maratón se celebrou o habitual día 30, Cineuropa prolongouse 10 días máis para dedicarlle un ciclo monográfico ao cineasta premiado ese ano: Manoel de Oliveira. En total proxectáronse 94 películas.

O lonxevo e prolífico director luso recolleu o 8 de novembro o seu premio Cineuropa, galardón outorgado en recoñecemento «a unha carreira fiel, na que non se fixo concesión ao cinema comercial e na que se presta especial atención á reflexión». Tras a gala proxectouse O quinto império, filme dirixido por Oliveira nese ano 2004.

A película Os mozos do coro, de Christophe Barratier, obtivo o premio do Público nunha edición de altas puntuacións e disputada ata o último momento. Un bico cariñoso, de Ken Loach; e A vida é un milagre, de Emir Kusturica; quedaron a tan só sete décimas da película de Barratier.

Por último, sete foron os filmes proxectados a noite do cine do día 30, no maratón: One missed call, de Takashi Miike; Dead End, de Jean-Baptiste Andrea e Fabrice Canepa; The eye 2, de Oxide Chun Pang e Danny Pang; American Crime, de Dan Mintz; Audition, de Takashi Miike; Visitors, de Richard Franklin; e Das Testament der Dr. Mabuse, de Fritz Lang.

Premio Cineuropa 2004

Manoel de Oliveira

Manoel de Oliveira

Nado en O Porto en 1908, e falecido en 2015 aos 106 anos, Manoel Cândido Pinto de Oliveira foi o director de cinema portugués máis prolífico e internacionalmente recoñecido. Xa desde mozo mostrou o seu gusto polo cinema intervindo como actor en máis dun filme. O pintor e a cidade (1956), Acto de primavera (1963), Un filme falado (2003) ou O estranho caso de Angélica son só catro títulos dunha filmografía composta de máis de 60 películas. En 2004 Cineuropa dedicoulle un ciclo en colaboración co Centro Galego de Artes e Imaxe (CGAI) e a Universidade de Santiago, que incluíu a publicación dun libro sobre o cineasta.



As películas de Cineuropa 2004

2046 (2004)
— Wong Kar-Wai

A CAÇA (1964)
— Manoel de Oliveira

A CAIXA (1994)
— Manoel de Oliveira

A CARTA (1999)
— Manoel de Oliveira

A DIVINA COMÉDIA (1991)
— Manoel de Oliveira

A PROPÓSITO DA BANDEIRA NACIONAL (1988)
— Manoel de Oliveira

A TOUCH OF SPICE (2003)
— Tassos Boulmetis

ACTO DA PRIMAVERA (1963)
— Manoel de Oliveira

AE FOND KISS (UN BICO CARIÑOSO) (2004)
— Ken Loach

AMERICAN CRIME (2004)
— Dan Mintz

AMOR DE PERDIÇÃO (1979)
— Manoel de Oliveira

ANIKI-BÓBÓ (1942)
— Manoel de Oliveira

AS MANS DUN POBO (2004)
— Ovidio Fernández Sánchez, Xandra Tedin

AS PINTURAS DO MEU IRMÃO JÚLIO (1965)
— Manoel de Oliveira

AUDITION (1999)
— Takashi Miike

BARAN (2001)
— Majid Majidi

BENILDE, OU A VIRGEM MÃE (1975)
— Manoel de Oliveira

BOMBON, EL PERRO (2004)
— Carlos Sorin

BUENA VIDA DELIVERY (2004)
— Leonardo Di Cesare

CAPTURING THE FRIEDMANS (2003)
— Andrew Jarecki

CASA DE LOS BABYS (2003)
— John Sayles

CELLULAR (2004)
— David R. Ellis

CLANDESTINO (2004)
— François Dupeyron

COUNTRY OF MY SKULL (2004)
— John Boorman

DE FEM BENSPÆND (CINCO CONDICIONS) (2003)
— Jørgen Leth, Lars von Trier

DEAD END (2003)
— Jean-Baptiste Andrea, Fabrice Canepa

DIAS DE SANTIAGO (2004)
— Josué Méndez

DIRTY PRETTY THINGS (NEGOCIOS OCULTOS) (2002)
— Stephen Frears

DOURO, FAINA FLUVIAL (1931)
— Manoel de Oliveira

EL INVASOR (O INVASOR) (2001)
— Beto Brant

ESCENARIO MOVIL (2004)
— Montxo Armendáriz

FAMALICÃO (1941)
— Manoel de Oliveira

FEDORA (1978)
— Billy Wilder

FRANCISCA (1981)
— Manoel de Oliveira

HEAD-ON (CONTRA A PAREDE) (2004)
— Fatih Akin

INQUIETUDE (1998)
— Manoel de Oliveira

L.I.E (2001)
— Michael Cuesta

LA MEGLIO GIOVENTÙ (A MELLOR XUVENTUDE) (2003)
— Marco Tullio Giordana

LE SOULIER DE SATIN (1985)
— Manoel de Oliveira

LES CHORISTES (OS MOZOS DO CORO) (2004)
— Christophe Barratier

LES DIABOLIQUES (AS DIABOLICAS) (1955)
— Henri-Georges Clouzot

LISBOA CULTURAL (1983)
— Manoel de Oliveira

LOS SIN TIERRA (2004)
— Miguel Barros

LUDWIG (LUDWIG. A PAIXON DUN REI) (1973)
— Luchino Visconti

M (M. O VAMPIRO DE DUSSELDORF) (1931)
— Fritz Lang

MON CAS (1986)
— Manoel de Oliveira

NICE, À PROPOS DE JEAN VIGO (1983)
— Manoel de Oliveira

NINE SONGS (9 SONGS) (2004)
— Michael Winterbottom

NOBODY KNOWS (2004)
— Hirokazu Koreeda

NON OU A VÃ GLÓRIA DE MANDAR (1990)
— Manoel de Oliveira

NORTHFORK (2003)
— Michael Polish

O CONVENTO (1995)
— Manoel de Oliveira

O DIA DO DESESPERO (1992)
— Manoel de Oliveira

O PÃO (1959)
— Manoel de Oliveira

O PASSADO E O PRESENTE (1972)
— Manoel de Oliveira

O PINTOR E A CIDADE (1956)
— Manoel de Oliveira

O PRINCÍPIO DA INCERTEZA (2002)
— Manoel de Oliveira

O QUINTO IMPERIO (2004)
— Manoel de Oliveira

ONE MISSED CALL (2003)
— Takashi Miike

OPERACION ALGECIRAS (2004)
— Jesús Mora

OS CANIBAIS (1988)
— Manoel de Oliveira

PALAVRA E UTOPIA (2000)
— Manoel de Oliveira

PARTY (1996)
— Manoel de Oliveira

PERSEGUIDOS (2004)
— Eterio Ortega

PORTO DA MINHA INFÂNCIA (2001)
— Manoel de Oliveira

PRIVATE (2004)
— Saverio Costanzo

RADIO FAVELA (2002)
— Helvecio Ratton

SALVADOR ALLENDE (2004)
— Patricio Guzmán

SANTA LIBERDADE (2004)
— Margarita Ledo

SUBTERRA (2003)
— Marcelo Ferrari

TEMPORADA DE PATOS (2004)
— Fernando Eimbcke

TERRA, FIN DE CICLO (2004)
— Ovidio Fernández Sánchez

THE EYE 2 (2004)
— Oxide Chun Pang, Danny Pang

THE KID STAYS IN THE PICTURE (O MOZO QUE CONQUISTOU HOLLYWOOD) (2004)
— Nanette Burstein, Brett Morgen

TRILOGY: ELENI (2004)
— Théo Angelopoulos

UN FILME FALADO (UNHA PELICULA FALADA) (2003)
— Manoel de Oliveira

VAI E VEM (2003)
— João César Monteiro

VALE ABRAÃO (1993)
— Manoel de Oliveira

VIAGEM AO PRINCÍPIO DO MUNDO (1997)
— Manoel de Oliveira

VISITORS (2003)
— Richard Franklin

VOU PARA CASA (2001)
— Manoel de Oliveira

WALK ON WATER (2004)
— Eytan Fox

WHISKY (2004)
— Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll