#Cineuropa17. Do 4 ao 28 de novembro de 2003.

Entre os días 4 e 28 de novembro de 2003 celebrouse a décimo sétima edición de Cineuropa. Foron 79 as películas proxectadas ese ano no Teatro Principal e o Salón Teatro, desde grandes clásicos ás máis recentes novidades. O festival foi inagurado con Dogville, de Lars Von Trier, película que fascinou ao público ata o punto de proclamala gañadora. Dogville compartiu pantalla con As invasións bárbaras, de Denys Arcand; Samsara, de Pan Nalin; Osama, de Siddiq Barmak; In this world, de Michael Winterbottom; Good Bye, Lenin!, de Wolfgang Becker; Elephant, de Gus Van Sant (película sorpresa desa edición) e moitas outras mostras de calidade que incluíron cinema galego e películas de directores xa clásicos como Jacques Tati, Yasujiro Ozu ou Jacques Rivette.

O premio Cineuropa dese ano otorgouse ao cineasta Bigas Luna, en recoñecemento á súa poética e transgresora filmografía e pola súa sorprendentemente adaptación multimedia das Comedias Bárbaras de Valle-Inclán. Tras a entrega do premio, o día 21, proxectouse La camarera del Titanic.

A noite do venres 28 celebrouse esa festa do cine que é o maratón de Cineuropa. Baixo o atraente título de «O sexo que fala», desfilaron pola pantalla do Principal Ken Park, de Larry Clark e Ed Lachman; Happiness, de Todd Solondz; Hedwig and the angry Inch, de John Cameron Mitchell; Golfos y picardías de antaño, de Michel Reilhac; Hustle White, de Bruce La Bruce e Rick Castro; Requiem for a dream, de Darren Aronofsky; e Irreversible, de Gaspar Noé.

Premio Cineuropa 2003

Bigas Luna

Bigas Luna

O barcelonés Josep Joan Bigas Luna (1946-2013) comezou a súa carreira cinematográfica nos anos 60. En 1976 realizou a súa primeira longametraxe, Tatuaje, que non se estrearía ata 1979. Durante esa década rodou tamén as controvertidas Bilbao (seleccionada para o Festival de Cannes) e Caniche. O recoñecemento do gran público chegoulle na década dos 90 con títulos como Jamón, jamón (León de Prata do Festival de Venecia), Huevos de oro e La teta y la luna. Logo virían La camarera del Titanic, Son de mar ou Yo soy la Juani, entre outros títulos, todos eles caracterizados pola erótica e esteticista poética do seu autor.



As películas de Cineuropa 2003

A CIDADE ESTÁ TRANQUILA (2000)
— Robert Guédiguian

A ESCOLA DAS AREAS (2002)
— Tomás Conde, Virginia Curiá

A ESPIRAL (1998)
— Miguel Courtois

A L'ATTAQUE! (O ATAQUE!) (2000)
— Robert Guédiguian

A LA PLACE DU COEUR (DE TODO CORAZÓN) (1998)
— Robert Guédiguian

A MIÑA DESCONFIADA ESPOSA. (1957)
— Vincente Minnelli

A MIÑA VIDA EMPEZA HOXE (2002)
— María von Heland

A SUBELA (2002)
— Luis Avilés Baquero

AMÉRICA, AMÉRICA (1963)
— Elia Kazan

ARARAT (2002)
— Atom Egoyan

ARVEN (INHERITANCE) (2003)
— Per Fly

AS INVASIÓNS BÁRBARAS (2003)
— Denys Arcand

AS LOIRAS PREFÍRENOS CABALEIROS (2002)
— Álex Sampayo

AS MANS BALEIRAS (2003)
— Marc Recha

BEFORE THE STORM (2000)
— Reza Parsa

BOBO FURCIA (2002)
— Álex Sampayo, Pekas

BOS DIAS (1959)
— Yasujiro Ozu

C'EST LA VIE (2001)
— Jean-Pierre Améris

CLEOPATRA (2003)
— Eduardo Mignogna

CONTOS DE TOKYO (1953)
— Yasujiro Ozu

DEEP BLUE (2003)
— Alastair Fothergill, Andy Byatt, Martha Holmes

DI ALGO (2004)
— Luis Deltell

DOBRE CONTRATEMPO (2001)
— Tom DiCillo

DOGVILLE (2003)
— Lars von Trier

ELEPHANT (2003)
— Gus Van Sant

FLORES DE SANGUE (2002)
— Myriam Mézières, Alain Tanner

GALA (2003)
— Silvia Munt

GOLFOS Y PICARDIAS DE ANTAÑO (PILLABÁNS E PICARDIAS DE ANTAÑO) (2002)
— Michel Reilhac

GOLFUS DE ROMA (1966)
— Richard Lester

GOODBYE LENIN (2003)
— Wolfgang Becker

HANNA K. (1983)
— Costa-Gavras

HAPPINESS (1998)
— Todd Solondz

HEDWIG AND THE ANGRY INCH (2001)
— John Cameron Mitchell

HISTOIRE DE MARIE ET JULIEN (2003)
— Jacques Rivette

HUSTLER WHITE (1996)
— Bruce La Bruce, Rick Castro

IN THIS WORLD (2002)
— Michael Winterbottom

IRREVERSIBLE (2002)
— Gaspar Noé

JUEGO DE NIÑOS (2003)
— Joaquim Jordà

KEN PARK (2002)
— Larry Clark, Ed Lachman

LA CAMARERA DEL TITANIC (1997)
— Bigas Luna

LA CASA DE LA TROYA (1959)
— Rafael Gil

LA SUERTE DORMIDA (2003)
— Ángeles González-Sinde, Belén Gopegui

LAS HORAS DEL DIA (2003)
— Jaime Rosales

LAS VOCES DE LA NOCHE (2003)
— Salvador García Ruiz

LEJANO (AFASTADO) (2002)
— Nuri Bilge Ceylan

LES VACANCES DE M. HULOT (1953)
— Jacques Tati

MADAME SATÃ (2002)
— Karim Aïnouz

MARIE-JO E OS SEUS DOUS AMORES (2002)
— Robert Guédiguian

MARIUS E JEANNETTE (1997)
— Robert Guédiguian

MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ (2000)
— Tomás Conde

MON ONCLE (1958)
— Jacques Tati

MONOS COMA BECKY (1999)
— Joaquim Jordà, Nuria Villazán

NO SABE NO CONTESTA (2002)
— Fernando Musa

O ANXO AZUL (1930)
— Josef von Sternberg

O MATRIMONIO DE MARIA BRAUN (1979)
— Rainer Werner Fassbinder

O PRINCIPIO DA INCERTEZA (2002)
— Manoel de Oliveira

O SEU IRMAN (2003)
— Patrice Chéreau

O TRASTO (2003)
— Rafael Calvo

OPEN HEARTS (2002)
— Susanne Bier

OS CREBINSKY (2002)
— Enrique Otero

OSAMA (2003)
— Siddiq Barmak

PLAYTIME (1967)
— Jacques Tati

POSSESSION (2002)
— Neil LaBute

REQUIEM FOR A DREAM (2000)
— Darren Aronofsky

SAMSARA (2001)
— Pan Nalin, Tim Baker

SUITE HABANA (2003)
— Fernando Pérez

TAXIA (2002)
— David Robles

THE AFRICAN QUEEN (1951)
— John Huston

THE CLAIM (2000)
— Michael Winterbottom

THE COOLER (2003)
— Wayne Kramer

THE STATION AGENT (2003)
— Tom McCarthy

TIMELINE (2003)
— Richard Donner

TO BE OR NOT TO BE (1942)
— Ernst Lubitsch

TROFEO (2001)
— Emilio José Álvarez García

UN INSTANTE EN LA VIDA AJENA (2003)
— José Luis López Linares

VA SAVOIR (2001)
— Jacques Rivette

VIDAS CONTADAS (2001)
— Jill Sprecher

WILBUR QUÉRESE SUICIDAR (2002)
— Lone Scherfig

ZAMAN, L'HOMME DES ROSEAUX (2003)
— Amer Alwan