#CINEUROPA30
#Cineuropa14. Do 1 ao 30 de novembro de 2000.

No ano 2000, Cineuropa sorprendeu a propios e estraños coa entrega dos primeiros Premios Cineuropa. Tres foron os galardóns outorgados, os Miróns, creados ex professo polo escultor compostelán José Francisco López «Francés». O primeiro foi para a actriz Marisa Paredes, que recibía o seu Mirón de mans da presentadora Ana García-Siñeriz na gala inaugural. E é que nesta décimo cuarta edición, Canal Plus colaborou estreitamente co noso festival. Tras da gala, proxectouse El Coronel no tiene quien le escriba, de Arturo Ripstein, protagonizada pola galardoada.

O director José Luis Borau, figura fundamental do cinema español, recibiu o 9 de novembro o segundo dos Premios Cineuropa, previamente á proxección de Leo e Furtivos, os seus dous filmes máis recoñecidos. Por fin, o distribuidor Emilio Baños foi o terceiro premiado desa edición, en recoñecemento ao seu imprescindible labor de distribución e difusión do cine galego.

A programación compúxose de 68 películas que se exhibiron no teatro Principal entre o 1 e o 30 de novembro. Grandes triunfadoras nos grandes festivais internacionais, como Amores perros, de Alejandro González Iñárritu, A carta, de Manoel de Oliveira, ou Beautiful People, de Jasmin Dizdar, compartiron cartel con clásicos como La gran Ilusión, de Jean Renoir, ou Cayo largo, de John Huston.

As 7 películas que tiveron en vela os espectadores do Principal na noite do maratón foron: Nationale 7, de Jean-Pierre Sinapi; The last days of disco, de Whit Stillman; Blood for Dracula, de Paul Morrisey; Bulworth, de Warren Beatty; Existenz, de David Cronenberg; Celos, de Vicente Aranda e Asediada, de Bernardo Bertolucci.

Premios Cineuropa 2000

Marisa Paredes

Marisa Paredes

Unha gran amiga do festival que, á parte de recibir o seu merecido Premio Cineuropa no ano 2000, acudiu ao festival en 2003 para entregarlle o premio ao cineasta Bigas Luna, e en 2015 para facer o propio co mexicano Arturo Ripstein. Traballadora incansable, viviu con Tacones lejanos, de Pedro Almodóvar, un punto de inflexión na súa carreira, dándose a coñecer no panorama internacional. Colaborou tamén con cineastas da talla de Gonzalo Suárez, Philippe Lioret, Fernando Trueba ou Roberto Benigni, entre moitos outros. Entre os anos 2000 e 2003 foi a presidenta da Academia do Cine Español.

José Luis Borau

José Luis Borau

Cineasta, escritor e licenciado en Dereito, foi presidente da Academia do Cine entre 1994 e 1998, presidente da SGAE entre os anos 2007 e 2011, e membro da Real Academia Española desde 2008 ata a súa morte, en 2012. O seu maior éxito comercial foi Furtivos, un filme que logrou burlar a censura franquista, a pesar dos intentos desta de impoñerlle 40 cortes. Furtivos obtivo en 1975 a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián. No ano 2001, Borau logrou con Leo, considerado o seu mellor filme, o premio Goya á mellor dirección.

Emilio Baños

Emilio Baños

Emilio Baños é un dos nomes fundamentais da industria cinematográfica galega. O vigués, de orixe humilde, traballou desde neno como un auténtico home orquestra nos cines de Isaac Fraga ata que montou a súa propia empresa de distribución: Baños Films. Grazas ao seu infatigable labor, gran parte da produción cinematográfica galega chegou á gran pantalla desde os anos 60.



As películas de Cineuropa 2000

A CARTA (1999)
— Manoel de Oliveira

A CIDADE (1998)
— David Riker

A GRANDE ILUSIÓN (1937)
— Jean Renoir

A LEI DE HERODES (1999)
— Luis Estrada

A NOVA EVA (1999)
— Catherine Corsini

A PERDICIÓN DOS HOMES (2000)
— Arturo Ripstein

A POR TODAS (2000)
— Conor McPherson

ACTORES ASASINOS (1998)
— Amos Poe

ADELA (2000)
— Eduardo Mignogna

AMORES CANS (2000)
— Alejandro González Iñárritu

ASEDIADA (1998)
— Bernardo Bertolucci

ASÍ ES LA VIDA (2000)
— Arturo Ripstein

BEAUTIFUL JOE (2000)
— Stephen Metcalfe

BEAUTIFUL PEOPLE (1999)
— Jasmin Dizdar

BLOOD FOR DRACULA (1974)
— Paul Morrisey

BOTÍN DE GUERRA (2000)
— David Blaustein

BREAD AND ROSES (2000)
— Ken Loach

BROTHER (2000)
— Takeshi Kitano

BUENA VISTA SOCIAL CLUB (1999)
— Wim Wenders

BULWORTH (1998)
— Warren Beatty

CAIO LARGO (1948)
— John Huston

CECIL B. DEMENTE (2000)
— John Waters

CELOS (1999)
— Vicente Aranda

CONFESIÓNS PRIVADAS (1996)
— Liv Ullmann

CORRE, LOLA, CORRE (1998)
— Tom Tykwer

DIVERTIMENTO (2000)
— José García Hernández

ESPERANDO AO MESÍAS (2000)
— Daniel Burman

EXISTENZ (1999)
— David Cronenberg

FAST FOOD, FAST WOMEN (2000)
— Amos Kollek

FINDING GRACELAND (1998)
— David Winkler

FURTIVOS (1975)
— José Luis Borau

GARAXE OLIMPO (1999)
— Marco Bechis

GRASS (1999)
— Ron Mann

GRAZAS POLO CHICULATE (2000)
— Claude Chabrol

HAMSUN (1996)
— Jan Troell

HARRY, UN AMIGO QUE VOS QUERE (2000)
— Dominic Moll

LA BALIA (1999)
— Marco Bellocchio

LE SAMOURAÏ (1967)
— Jean Pierre Mellville

LEO (2000)
— José Luis Borau

LIAM (2000)
— Stephen Frears

LÚA PAPA (1999)
— Bathiar Khudojnazarov

MEMENTO (2000)
— Cristopher Nolan

METROLAND (1997)
— Philip Saville

NATIONALE 7 (2000)
— Jean Pierre Sinapi

NELLY & MONSIEUR ARNAUD (1995)
— Claude Sautet

NOCES PARA O AMOR (2000)
— Alberto Lecchi

O CORONEL NON TEN QUEN LLE ESCRIBA (1999)
— Arturo Ripstein

O HARÉN DE MADAME OSMANE (2000)
— Nadir Moknèche

O MEU INIMIGO ÍNTIMO (1999)
— Werner Herzog

O OUTRO BARRIO (2000)
— Salvador García Ruiz

O PESO DA AUGA (2000)
— Kathrin Bigelow

OS MUTANTES (1998)
— Teresa Villaverde

PARA TÓDOLOS GUSTOS (2000)
— Agnes Jaoui

PELÍCULA SORPRESA (????)
— ????

PLENO VERÁN (2000)
— Tran Anh Hung

PSICOSE (1960)
— Alfred Hitchcock

PURELY BELTER (2000)
— Mark Herman

QUERELLE (1982)
— Rainer Werner Fassbinder

RESSOURCES HUMAINES (1999)
— Laurent Cantet

SHINER (2000)
— John Irvin

TEATRO DI GUERRA (1998)
— Mario Martone

TEOREMA (1968)
— Pier Paolo Pasolini

THE ANIMAL FACTORY (2000)
— Steve Buscemi

THE LAST DAYS OF DISCO (1998)
— Whit Stillman

TINTA VERMELLA (2000)
— Francisco J. Lombardi

TOO MUCH FLESH (2000)
— Jean Marc Barr, Pascal Arnold

TUMBLEWEEDS (1999)
— Gavin O'Connor

VINTETRÉS (1998)
— Hans Christian Schmind

Teatro Principal

Nome(s): Cineuropa 2000 / #Cineuropa14
Datas: Do 1 ao 30 de novembro de 2000
Sede(s): Teatro Principal.
Películas: 68
Seccións: Sección Oficial; Panorama Internacional; Cinefilias; México insurxente; Cine, documento, historia; Cine nos centros socioculturais.
Premio(s) Cineuropa: Marisa Paredes, José Luis Borau e Emilio Baños.
Premio(s) do público: Bread and roses, de Ken Loach.
Película(s) sorpresa: ????


Premios do Público ata 2000

EdiciónPelícula gañadora
2000Bread and roses, de Ken Loach
1999Buena Vista Social Club, de Wim Wenders
1998My name is Joe, de Ken Loach
1997Hamlet, de Kenneth Branagh
1996Sostiene Pereira, de Roberto Faenza
1995-------------------------
1994Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi; e Otelo, de Orson Welles
1993Orlando, de Sally Potter
1992Totó el Héroe, de Jaco Van Dormael
1991Hoy quizá, de Jean-Louis Bertuccelli
1990Nos habíamos querido tanto, de Ettore Scola
1989Cielo e Infierno, de Morten Arnfred
1988Mañana fue la guerra, de Youri Kara
1987-------------------------

Directores favoritos en Cineuropa ata 2000

Director/aNúm. películas
Arturo Ripstein, Claude Chabrol, Ettore Scola e Peter Greenaway8
Terence Fisher7
Akira Kurosawa e Wim Wenders6
Alain Tanner, Alfred Hitchcock, Federico Fellini, Ken Loach e Zhang Yimou5
André Téchiné, Bertrand Tavernier, Éric Rohmer, John Ford, Manoel de Oliveira, Mike Leigh, Peter Sasdy, Tom DiCillo e Vincente Minnelli4
Abel Ferrara, Atom Egoyan, Carlos Balagué, Chen Kaige, Doris Dörrie, Emir Kusturica, Felipe Vega, Gianni Amelio, Hal Hartley, James Ivory, Jean Renoir, John Huston, Joseph Losey, Krzysztof Kieslowski, Michael Radford, Rouben Mamoulian, Shōhei Imamura, Stanley Kubrick, Stephen Frears, Steven Soderbergh, Takeshi Kitano, Tran Anh Hung, Vicente Aranda e Volker Schlöndorff3

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016