#Cineuropa09. Do 22 ao 25 de xaneiro de 1996.

A novena edición de Cineuropa foi, sen dúbida, a máis peculiar. No ano 1995, o recentemente estreado Consorcio de Santiago promoveu unha importante remodelación do Teatro Principal. Cambiouse o sistema de calefacción; renovouse a estrutura do patio de butacas, e melloráronse as medidas de seguridade. Pero esas obras impediron a celebración do festival.

Como os composteláns xa estabamos acostumados aos outonos de cinema, buscouse unha solución para facer máis liviá a espera ata o seguinte novembro. Entre o 22 e o 25 de xaneiro de 1996, levouse a cabo unha miniedición de Cineuropa, programando unha selección das mellores películas de 1995.

Durante catro días en tres pases diarios, proxectáronse no remodelado teatro o León de Ouro do Festival de Venecia (Cyclo, de Tran Anh Hung), a mellor película dos Premios do Cinema Europeo (Lamerica, de Gianni Amelio), a mellor película francesa do ano (Nelly e Monsieur Arnaud, de Claude Sautet), dúas candidatas á Palma de Ouro de Cannes (O Convento, de Manoel de Oliveira e Ed Wood, de Tim Burton), e Seis graos de separación, de Fred Schepisi, candidata ao Oscar á Mellor Actriz pola salientable interpretación de Stockard Channing.



As películas de Cineuropa 1995

6 GRADOS DE SEPARACIÓN (1993)
— Fred Schepisi

CYCLO (1995)
— Tran Anh Hung

ED WOOD (1994)
— Tum Burton

LAMERICA (1994)
— Gianni Amelio

NELLY Y EL SR. ARNAUD (1995)
— Claude Sautet

O CONVENTO (1995)
— Manoel de Oliveira