#Cineuropa08. Do 1 ao 30 de novembro de 1994.

O martes 1 de novembro quedaba oficialmente inaugurada a oitava edición de Cineuropa coa proxección de Orlando, de Sally Potter; filme que resultara gañador o ano anterior. Até o 30 dese mesmo mes, proxectaríanse no Teatro Principal 65 películas. Como xa viña sendo habitual, mesturouse cine de todos os tempos, coa calidade como único e ineludible requisito. Así, por Cineuropa 1994 pasaron os filmes triunfadores do festival de Cannes dese ano, como Caro Diario, de Nanni Moretti (mellor director), Exotica, de Atom Egoyan (FIPRESCI), ou Vivir, de Zhang Yimou (mellor actor e gran Premio do Xurado). Tamén se proxectaron películas premiadas en Berlín como Ladybird, Ladybird, de Ken Loach (Oso de prata á mellor actriz), ou no Festival de San Sebastián, como Pólvora vermella, pólvora verde, de He Ping (Cuncha de ouro á mellor actriz) e Tumba Aberta, de Danny Boyle (Cuncha de Prata ao mellor director).

Mención especial merece Justino, un asesino de la tercera edad, de Santiago Aguilar e Luis Guridi. O filme viña de gañar todos os galardóns posibles pola impecable actuación do novel á vez que veterano actor Saturnino García (premiado en Sitges, Valladolid e nos Goya), e resultou ser tamén o favorito do público de Cineuropa xunto con Otelo, de Orson Welles.

O día 30 clausurouse o festival coa proxección do maratón. Un corazón no inverno, de Claude Sautet, Todos a la cárcel, de Luis García Berlanga, Na busca de Bobby Fisher, de Steven Zaillian, Mi hermano del alma, de Mariano Barroso, O que queda do día, de James Ivory, As noivas de Drácula, de Terence Fisher, e unha nova (e descoñecida para estes que escriben) película sorpresa, pecharon un Cineuropa que xa deixaba oito edicións ás súas costas.



As películas de Cineuropa 1994

A ÁRBORE, O ALCALDE E A MEDIATECA (1993)
— Éric Rohmer

A INCRIBLE VERDADE (1989)
— Hal Hartley

A MÚSICA DO AZAR (1993)
— Philip Haas, Belinda Haas

A SOMBRA DA DÚBIDA (1993)
— Aline Issermann

A VIDA É DOCE (1990)
— Mike Leigh

A VIDA NUN FÍO (1945)
— Edgar Neville

ADEUS Á MIÑA CONCUBINA (1993)
— Chen Kaige

AMATEUR (1994)
— Hal Hartley

AS MARMOTAS (1993)
— Élie Chouraqui

AS NOIVAS DE DRÁCULA (1960)
— Terence Fisher

BANDIT QUEEN (1994)
— Shekhar Kapur

CARO DIARIO (1993)
— Nanni Moretti

CASADO CON ISO (1991)
— Arthur Hiller

COMER, BEBER, AMAR (1994)
— Ang Lee

COWBOY DE MEDIANOITE (1969)
— John Schlesinger

DESVÍO Ó PARAÍSO (1994)
— Gerardo Herrero

EL DETECTIVE Y LA MUERTE (1994)
— Gonzalo Suárez

ESA COUSA CHAMADA AMOR (1993)
— Peter Bogdanovich

EXÓTICA (1994)
— Atom Egoyan

FOGO SALVAXE (1993)
— Glenn Gordon Caron

FRESH (1994)
— Boaz Yakin

GRAND CANYON (1991)
— Lawrence Kasdan

JUSTINO, UN ASESINO DE LA TERCERA EDAD (1994)
— Luis Guridi, Santiago Aguilar

KAFKA, A VERDADE OCULTA (1991)
— Steven Soderbergh

LA REINA DE LA NOCHE (1994)
— Arturo Ripstein

LADYBIRD, LADYBIRD (1994)
— Ken Loach

LEMBRANZAS QUE MATAN (1993)
— Larry Ferguson

LOS PAPELES DE ASPERN (1991)
— Jordi Cadena

MAC (1992)
— John Turturro

MI HERMANO DEL ALMA (1994)
— Mariano Barroso

NA BOCA, NON (1991)
— André Téchiné

NA BUSCA DE BOBBY FISHER (1993)
— Steven Zaillian

NAKED (1993)
— Mike Leigh

O ABRAZO DA MORTE (1949)
— Robert Siodmak

O DEMO (1972)
— Andrzej Zulawski

O GRANDE PLANTE (1993)
— Francesca Archibugi

O MESTRE DE MARIONETAS (1993)
— Hou Hsiao-Hsien

O PERFUME DE IVONNE (1994)
— Patrice Leconte

O QUE QUEDA DO DÍA (1993)
— James Ivory

O REI DO OUTEIRO (1993)
— Steven Soderbergh

Ó SUR DOS ÁNXELES (1992)
— Stephen Milburn Anderson

O VAL ABRAHAM (1993)
— Manoel de Oliveira

ORLANDO (1992)
— Sally Potter

OS SILENCIOS DO PALACIO (1994)
— Moufida Tlatli

OTELO (1952)
— Orson Welles

PARÍS, FRANCIA (1993)
— Jerry Ciccoritti

PELÍCULA SORPRESA (????)
— ????

POSIBILIDADE DE ESCAPE (1992)
— Paul Schrader

PRINCIPIO Y FIN (1993)
— Arturo Ripstein

SHOPPING (1994)
— Paul Anderson

TAN LONXE, TAN PRETO (1993)
— Wim Wenders

THAT NIGHT (1992)
— Craig Bolotin

THE BAD LIEUTENANT (1992)
— Abel Ferrara

TODOS A LA CÁRCEL (1993)
— Luis García Berlanga

TOM & VIV (1994)
— Brian Gilbert

TOMBA ABERTA (1994)
— Danny Boyle

UN CORAZÓN NO INVERNO (1992)
— Claude Sautet

VIDAS CRUZADAS (1993)
— Robert Altman

VIVIR (1994)
— Zhang Yimou

VIVIR ATA A FIN (1992)
— Gregg Araki

VOYAGER (1991)
— Volker Schlöndorff

XUSTIZA POÉTICA (1993)
— John Singleton