#CINEUROPA30
#Cineuropa01. Do 24 ao 30 de outubro de 1987.

Cineuropa naceu en 1987 como unha mostra cinematográfica incluída nos “Encontros Europeos do Camiño de Santiago”, un amplo e ambicioso programa cultural onde cinema, pintura, música e todo tipo de manifestacións artísticas tiñan cabida.

Aquel primixenio Cineuropa celebrouse entre os días 24 e 30 de outubro nos xa desaparecidos Multicines Valle Inclán. A historia de Europa no cinema foi o fío condutor dunha programación composta por 20 filmes. Unha sesión musicalizada en directo de Carmiña, flor de Galicia, de Rino Lupo (1926), deu o pistoletazo de saída a unha mostra cuxas liñas principais constituíron os cimentos do actual Cineuropa. Por unha banda, o interese cara o cinema inédito en salas comerciais. Por outra, o emblemático maratón.

Durante esta mostra proxectouse o primeiro maratón de Cineuropa, dividido en dúas xornadas e composto polas películas En busca del fuego de Jean-Jacques Annaud, Paseo por el amor y la muerte de John Huston, Alexander Newsky de Sergei M. Eisenstein, Galileo Galilei de Liliana Cavani, Danton de Andrzej Wajda e Napoleón de Abel Gance na xornada do día 29 e El gatopardo de Luchino Visconti, La mitad del cielo de Manuel Gutiérrez Aragón, Messidor de Alain Tanner, Tema de Gleb Panfilov e Kamikaze 1999 de Luc Besson na xornada do día 30.



As películas de Cineuropa 1987

AKE Y SU MUNDO (1984)
— Allan Edwall

ALEXANDER NEWSKY (1938)
— Sergei M. Eisenstein

ASÍ COMO HABÍAN SIDO (1987)
— Andrés Linares

CARMIÑA, FLOR DE GALICIA (1926)
— Rino Lupo

DANTON (1983)
— Andrzej Wajda

EL BUQUE FARO (1985)
— Jerzy Skolimowski

EL GATOPARDO (1963)
— Luchino Visconti

EN BUSCA DEL FUEGO (1981)
— Jean-Jacques Annaud

EN LA CALLE PRINCIPAL CON ORQUESTA (1987)
— Pyotr Todorovskiy

GALILEO GALILEI (1968)
— Liliana Cavani

KAMIKAZE 1999 (1983)
— Luc Besson

LA MITAD DEL CIELO (1986)
— Manuel Gutiérrez Aragón

MADRID (1987)
— Basilio Martín Patino

MATAR SAUDADES (1988)
— Fernando Lopes

MESSIDOR (1979)
— Alain Tanner

NAPOLEÓN (1927)
— Abel Gance

PAPILIO (1987)
— Jirí Svoboda

PASEO POR EL AMOR Y LA MUERTE (1969)
— John Huston

TEMA (1979)
— Gleb Panfilov

TRES SON MULTITUD (1985)
— Rajko Grlic

Multicines Valle Inclán

Nome(s): Encontros Europeos no Camiño de Santiago 1987 — Cineuropa 1987 / Cineuropa 1987 / #Cineuropa01
Datas: Do 24 ao 30 de outubro de 1987
Sede(s): Multicines Valle Inclán.
Películas: 20

1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016